viernes, 26 de agosto de 2016

Publicación da Candidatura do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur a Segunda Convocatoria de Selección de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro -FEMP 2014-2020




O Xoves 25 de Agosto se publicou o acordo que se fai pública a relación de organizacións candidatas na Segunda Convocatoria de Selección de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro - FEMP 2014-2020, onde está como única entidade Candidata o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur.
Ábrese un período de Consulta pública para realizar as alegacións que se consideren oportunas ata o día 5 de Setembro de 2016. 

Máis información en aquí.

lunes, 8 de agosto de 2016

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur presentou hoxe a Candidatura a Selección de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur presentou hoxe a Candidatura a Selección de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro 2014-2020 financiado polo Fondo Europeo de Marítimo Pesqueiro e a Xunta de Galicia.
O Galp Golfo Ártabro Sur, se presenta polo Territorio formado polos Concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. Queremos agradecer a tódalas entidades socias, institucións, e empresas que axudaron na elaboración desta candidatura. Esperamos contar con todos vos na elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Participativo para vindeiros anos, que se presentará nos vindeiros meses.