miércoles, 13 de marzo de 2013

Xornadas de degustación da Ameixa Eumesa no I.E.S Fragas do Eume en Pontedeume



Hoxe haberá unha charla divulgativa do Biologo da Confraría de Pontedeume sobre a Ameixa do Eume, as 17:00 no I.E.S. Fragas do Eume en Pontedeume.  
Mañá xoves 14 de Marzo terá lugar a I xornada de "Promoción e Degustación da Ameixa do Eume" no Instituto I.E.S. Fragas do Eume en Pontedeume. 
Esta Xornada está organizada pola Confraría de Pescadores de Pontedeumen xunto co I.E.S Fraga do Eume co fin de dar a coñecer a calidade deste produto e a suas posibilidade de elaboración. 
Os bivalbos degustaránse en crú, fervidos, salteados, en salsa, a prancha, fritidos, e formando parte dun ravioli frio, pero tamén haberá "ameixa crúa en makisushi e crúa con escuma de limón, aceite de eneldo e cebolín". Os asistentes tamén poderán probar unha tempura de ameixas con salsa de algas e unha velouté o un risotto con ameixas e algas, a mariñeira e unha croquetas cremosas.
Esta actividade dirixida a hostaleiros e restauradores do territorio para dar coñecer o produto ten cuberto o aforo das dependencias onde se celebrará o evento.
Os organizadores deste evento tamén puxeron en marcha nos centros públicos de ensinanza de Pontedeume un concurso para facer un logo que distinga o produto no que participarán os alumnos,  e o longo desta xornada darase a coñecer o gañador polo xurado composto por representantes dos Institutos e da Confraría.












jueves, 7 de marzo de 2013

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDA PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DO EIXO IV DO FONDO EUROPEO DE PESCA


O vindeiro día 31 de Marzo de 2013 rematárase o prazo para presentación de proxectos produtivos e non produtivos das Axudas, para executar no anos 2013-2014 ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería de Medio Rural e do mar, financiados polo Fondo Europeo da Pesca, as liñas do Grupo de Accion Costeira Golfo Ártabro nas
que estamos a traballar son as seguintes:



a)             Consolidar a competitividade das zonas de pesca.

b)             Reestruturar e reorientar as actividades económicas,en
particular a través da promoción do turismo ecolóxico, sempre e cando estas
actividades non supoñan un incremento do esforzo pesqueiro.

c)              Diversificar actividades a través da promoción da
pluriactividade dos pescadores, mediante a creación de empregos adicionais
fóra do sector pesqueiro.

d)            Ofrecer valor engadido aos produtos da pesca.

e)              Axudar a pequenas infraestruturas e servizos relacionados
coa pesca e o turismo en beneficio de pequenos concellos dedicados á pesca.

f)              Protexer o ambiente nas zonas de pesca, co fin de manter o
seu atractivo, rexenerar e desenvolver as aldeas e vilas costeiras con
actividade pesqueirae protexer e mellorar o seu patrimonio natural e
arquitectónico.

g)              Restablecer o potencial de produción do sector pesqueiro
afectado por catástrofes naturais ou industriais.

h)            Promover a cooperación interrexional e transnacional entre
grupos nas zonas de pesca, principalmente a través do establecemento de
redes e a difusión de boas prácticas.

i)                Medidas para promocionar e mellorar competencias
profesionais, a capacidade de adaptación e acceso ao emprego,
particularmente destinadas a mulleres sempre que formen parte integrante
dunha estratexia de desenvolvemento sustentable, e garden coherencia cos
puntos anteriores.

Máis información: 


www.accioncosteira.es 
Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro
Tel: 881.896.417/ 617.867.820
C.E.: gac2@accioncosteira.es

miércoles, 6 de marzo de 2013

Curso Sabedoría e Intelixencia Colectiva. Tecnicas para fomentar a participacion e a creatividade en grupos, colectivos e organizacións



Informarvos que do 15 ao 17 de marzo terá lugar na sede do CEIDA o curso denominado SABEDORÍA E INTELIXENCIA COLECTIVA. Ferramentas para fomentar a participación e a creatividade en grupos, colectivos e organizacións.

Dadas as características da súa organización, como asociación de entidades, consideramos que esta formación pode ser do seu interese.
Agradeceríamoslle tamén a sua divulgación entre outras entidades que vostede considere que poidan estar interesadas

Ten máis información sobre o mesmo na seguinte ligazón

Bases de contratación dunha asistencia técnica para a realización da terceira edición da Campaña Gastronómica "Cómete o Mar".

BASES PARA A CONTRATACION DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REALIZACIÓN
DA TERCEIRA EDICCION DA CAMPAÑA GASTRONOMICA COMETE O MAR
Entidade contratante
GRUPOS DE ACCION COSTEIRA GALEGOS
a excepción do grupo cinco que participará no proxecto pero sen a condición de
entidade contratante.
Contratación
Procedemento aberto con multiplicidade de criterios.
Obxecto
Asistencia técnica para a realización de actividades de dinamización aoabeiro dos Plans Estratéxico Zonais (PEZ) dos grupos de Acción Costeira de Galicia
 
Traballos a realizar
XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DO MAR “COMETE O MAR”
Contido das propostas
As propostas a presentar orientaranse á consecución dos seguintes obxectivos:
Promocionar e posicionar o Club de Produto de turismo Mariñeiro Mar Galaica, Poñer en valor osprodutos mariños da zona, Sensibilizar ao sector hostaleiro cara ao consumo e potenciación destes produtos e Colaborará promoción turística do territorio.
 
Prazo de execución
Xornadas: meses de maio e xuño 2013
Orzamento de licitación
 
CENTO OITO MIL EUROS(108.000,00€), I.V.E. INCLUIDO
Os gastos dos anuncios serán por conta do adxudicatario.
Criterios de adxudicación:
Ver cláusula 7 das presentes bases
Pagamento
A realización do pagamento, farase unha vez finalizado e contrastado o traballo realizado, sempre segundo a execución dos pagamentos dos gastos de funcionamento e dinamización
aos grupos de acción costeira pola Consellería do Mar.
Presentación das ofertas:
Dez días naturais dende a publicación do anuncio, ata ás 14:00
horas no Rexistro do GAC RÍA DE MUROS
NOIA E SEO DE
FISTERRA (Ver cláusula 7 das presentes bases).
 

Bases completas facer clik aquí
 
 
 
 

lunes, 4 de marzo de 2013

Xornada de Comercialización en Circuitos Curtos

  
O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro"  e a Asociación “Refuxios do Mandeo”colaboran coa Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”  na organización do Encontro sobre “COMERCIALIZACIÓN EN CIRCUITOS CURTOS”,
Esta xornada celebrarase o vindeiro luns 11 de Marzo do 2013, no Restaurante Vega (Rúa Ánxeles, Nº 3. 15300 Betanzos – A Coruña), dende as 17:00 ata as 19:00 horas da tarde. 

Neste encontro tratarase de dar a coñecer as principais producións do mar e agroalimentarias locais do ámbito territorial das "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", así como fomentar a súa comercialización a través dos establecementos turísticos do territorio (restauración e aloxamentos), que están amparados pola marca “Refuxios do Mandeo”.
O obxectivo fundamental da xornada será facilitar o contacto entre os produtores locais e o sector turístico, mellorando a comercialización en circuítos curtos das nosas producións.
DESCARGAR DÍPTICO