jueves, 7 de marzo de 2013

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDA PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DO EIXO IV DO FONDO EUROPEO DE PESCA


O vindeiro día 31 de Marzo de 2013 rematárase o prazo para presentación de proxectos produtivos e non produtivos das Axudas, para executar no anos 2013-2014 ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería de Medio Rural e do mar, financiados polo Fondo Europeo da Pesca, as liñas do Grupo de Accion Costeira Golfo Ártabro nas
que estamos a traballar son as seguintes:



a)             Consolidar a competitividade das zonas de pesca.

b)             Reestruturar e reorientar as actividades económicas,en
particular a través da promoción do turismo ecolóxico, sempre e cando estas
actividades non supoñan un incremento do esforzo pesqueiro.

c)              Diversificar actividades a través da promoción da
pluriactividade dos pescadores, mediante a creación de empregos adicionais
fóra do sector pesqueiro.

d)            Ofrecer valor engadido aos produtos da pesca.

e)              Axudar a pequenas infraestruturas e servizos relacionados
coa pesca e o turismo en beneficio de pequenos concellos dedicados á pesca.

f)              Protexer o ambiente nas zonas de pesca, co fin de manter o
seu atractivo, rexenerar e desenvolver as aldeas e vilas costeiras con
actividade pesqueirae protexer e mellorar o seu patrimonio natural e
arquitectónico.

g)              Restablecer o potencial de produción do sector pesqueiro
afectado por catástrofes naturais ou industriais.

h)            Promover a cooperación interrexional e transnacional entre
grupos nas zonas de pesca, principalmente a través do establecemento de
redes e a difusión de boas prácticas.

i)                Medidas para promocionar e mellorar competencias
profesionais, a capacidade de adaptación e acceso ao emprego,
particularmente destinadas a mulleres sempre que formen parte integrante
dunha estratexia de desenvolvemento sustentable, e garden coherencia cos
puntos anteriores.

Máis información: 


www.accioncosteira.es 
Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro
Tel: 881.896.417/ 617.867.820
C.E.: gac2@accioncosteira.es

No hay comentarios: