jueves, 31 de octubre de 2013

EXPOSICIÓN DIXITAL ONDE OLEIROS É MAR, PROXECTO CONCELLO DE OLEIROS FINANCIADO POLO GAC GOLFO ÁRTABRO

O Concello de Oleiros dentro do proxecto Actividades de Fomento de Turismo vinculado as Actividades do Sector Pesqueiro e Marisqueiro, subvencionado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro", e Financiado polo Eixo 4.1 do Fondo Europeo de Pesca (75%) e polo Estado (25%).
Enlace Nova Concello de Oleiros onde ver a Exposición Dixital "Onde Oleiros é Mar"
Enlace do CEIDA onde ver a Exposición Dixital "Onde Oleiros é Mar"
Tamén poderás ver esta exposición nos enlaces deste blog.
Os Paneis teñen  as seguintes temáticas.

1.    A natureza e o patrimonio protagonizan a xestión do litoral

2.    Xeracións unidas polo mar

3.    2000 anos de historia perviven nas antigas edificacións de beiramar

4.    Unha liña e costa diversa e sorprendente

5. A costa norte esconde unha fermosa costa chea de vida

viernes, 25 de octubre de 2013

Xornada O POL e a Xestión Integrada do Litoral

 

 Xornada informativa sobre Plan de Ordenación do Litoral e Xestión Integrada do Litoral.

  • Datas: 28 outubro 2013
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Colabora: Fundación Biodiversidad
  • Organiza: CEIDA

Obxectivos
- Divulgar as novas directrices de ordenación do territorio fixadas no Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL).
- Dar a coñecer as novas directrices emanadas da Unión Europea, así como experiencias internacionais nun ámbito tan complexo como o da xestión integrada do litoral.
Destinatarios
- Arquitectos, urbanistas e outros profesionais da planificación e xestión do territorio.
- Xestores dos Grupos de Acción Costeira.
- Actores implicados no aproveitamento e uso do litoral.
- Outros sectores económicos e sociais interesados.
Mais información e inscrición: AQUÍ
Inscrición
Entrada de balde. Prazas limitadas

martes, 15 de octubre de 2013

Encontro en Oleiros. Consumamos produto local. Consumamos Calidade. 21 de Outubro



O Concello de Oleiros, en colaboración co CEIDA, organiza o vindeiro luns 21 de outubro a Xornada Consumamos Produto Local, Consumamos Calidade: A Oferta dos Produtos do Mar para a Hostalaría de Oleiros e o Golfo Ártabro, que pretende promover o encontro entre os produtores e comercializadores dos produtos do mar do territorio do Golfo Ártabro e o sector da restauración e a hostalaría do Concello de Oleiros, co fin de fomentar unha economía local autónoma e un beneficio ambiental local e global. Estas Xornadas están financiadas polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" a través do Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, MARM e a Consellería de Medio Rural e do Mar. Europa inverte na Pesca Sustentable.
A entrada é de balde e as prazas limitadas.
Máis información e inscricións:

lunes, 7 de octubre de 2013

XORNADAS OLEIROS A PÉ: PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL DA BEIRAMAR







O Concello de Oleiros, en colaboración co CEIDA, organiza neste mes de outubro as Xornadas OLEIROS A PÉ, unha actividade de divulgación ambiental que pretende poñer en valor o patrimonio natural e cultural da franxa litoral de Oleiros. Financiadas polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" a través do Eixo 4 do Fondo  Europeo de Pesca, a 75%."Europa inverte na pesca sustentable".

A actividade contará coa realización de dous roteiros guiados por zonas de especial valor natural, histórico e cultural do Concello:
-       Xoves 17 de outubro. Porto e Illa de Santa Cruz.
-       Venres 18 de outubro. Monumento Natural Costa Dexo-Serantes e Aula do Mar.

A inscrición é de balde. Máis información: