martes, 15 de octubre de 2013

Encontro en Oleiros. Consumamos produto local. Consumamos Calidade. 21 de Outubro



O Concello de Oleiros, en colaboración co CEIDA, organiza o vindeiro luns 21 de outubro a Xornada Consumamos Produto Local, Consumamos Calidade: A Oferta dos Produtos do Mar para a Hostalaría de Oleiros e o Golfo Ártabro, que pretende promover o encontro entre os produtores e comercializadores dos produtos do mar do territorio do Golfo Ártabro e o sector da restauración e a hostalaría do Concello de Oleiros, co fin de fomentar unha economía local autónoma e un beneficio ambiental local e global. Estas Xornadas están financiadas polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" a través do Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, MARM e a Consellería de Medio Rural e do Mar. Europa inverte na Pesca Sustentable.
A entrada é de balde e as prazas limitadas.
Máis información e inscricións:

No hay comentarios: