lunes, 7 de octubre de 2013

XORNADAS OLEIROS A PÉ: PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL DA BEIRAMAR







O Concello de Oleiros, en colaboración co CEIDA, organiza neste mes de outubro as Xornadas OLEIROS A PÉ, unha actividade de divulgación ambiental que pretende poñer en valor o patrimonio natural e cultural da franxa litoral de Oleiros. Financiadas polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" a través do Eixo 4 do Fondo  Europeo de Pesca, a 75%."Europa inverte na pesca sustentable".

A actividade contará coa realización de dous roteiros guiados por zonas de especial valor natural, histórico e cultural do Concello:
-       Xoves 17 de outubro. Porto e Illa de Santa Cruz.
-       Venres 18 de outubro. Monumento Natural Costa Dexo-Serantes e Aula do Mar.

A inscrición é de balde. Máis información:

No hay comentarios: