lunes, 31 de enero de 2011

VIAXE DE ESTUDIO E A ASISTENCIA A CONGRESOS GAC GOLFO ÁRTABRO


Dentro das actividades de Sensibilización, formación e difusión do GAC Golfo Ártabro tense realizado visitas ao Pais Vasco para asistencia ao 1º Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro en San Sebastián, e visita de estudio ás localidades de Lekeitio e Hondarribia do 6 ao 9 de outubro 2010, nesta viaxe as mulleres representantes das Confrarías do Golfo Ártabro puideron coñecer e compartir experiencias con mulleres de outras comunidades. Na visitas realizadas ás localidades de Lekeitio e Hondarribia, puideron coñercer distintas actividade de diversificación como a comercialización de productos de conserva da Confraría de Hondarribia, na localidade de Lekeitio coñeceron exemplos de comercialización directa, e museos de interpretación do mundo do mar, e a musealización dun barco de pesca de palangre entre outras accións.

De interese foia asistencia ao Seminario celebrado na Cidade de Almere, en Holanda y la visita dunha representa da Xunta Directiva do GAC Golfo Ártabro a dous Grupos de acción local de Pesca de Holanda. Nesta viaxe, se visitaron a provincia de Zeeland e Den Eover, onde se puido coñecer distintos proxecto como unha empresa que comercializa produtos elaborados a partir de produtos do mar, unha empresa dedicada a reproducción de semilla de ameixa, e outros moluscos, unha acuicultura engorde de moluscos, ameixa, ostras, experimental, unha escola de cociña de produtos do mar, entre outros. 16-20 de novembro de 2011.


E visita de estudio, para coñecer os proxectos e actividades realizadas polo Grupo de Acción local de Pesca do Delta do Ebro. Nesta viaxe os 9 representantes da Xunta Directiva puideron coñecer de primeira mau, as actividades de comercialización e diversificación de confrarías de Pescadores, a actividades complementarias turística, como a Estación Nautica de San Carlos de la Rapita, ou o engorde de Atun Rojo en xaulas mariñas dunha empresa desta zona.
Esta viaxe realizouse entre 15-17 de decembro de 2010.





No hay comentarios: