jueves, 7 de abril de 2011

Derradeira Xornada a vindeiro Sabado 9 de Abril sobre Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro

O vindeiro sabado 9 de abril celebrarase a derradeira xornada de valorización do patrimonio cultural marítimo no Golfo Ártabro.
Nesta xornada realizarase unha mesa redonda sobre o pasado, presente e futuro da xente do mar na que estarán veteranos pescadores, representantes das Confrarías do Golfo Ártabro e outros profesionais do sector moderado polo Clube Nautico de Punta Bufadoiro.

Na segunda parte coñeceremola experiencia do proxecto Mar de Lira, por parte do representante da Confraría de Lira, Emilio Louro Lamela, "Milucho".

A continuación Victor Fernández González, presidente da Federación Galega pola cultura marítima e fluvial falara da posta en valor do patrimonio cultural marítimo como factor de desenvolvemento económico e social.

Se clausararán o ciclo de Xornadas polos representantes do GAC Golfo Ártabro e representante do Concello de Oleiros.

Día: 9 de Abril 2011
Lugar: Casa Labarta, Mera, Oleiros
Horarario de inicio:10:00
Horario de finalizacion:14:00

No hay comentarios: