jueves, 5 de julio de 2012
Fishernet: un proxecto europeo para conservar o patrimonio pesqueiro
6 de xullo de 2012
Salón de Actos do Concello Carnota
10:00 -13:00
Fishernet é un proxecto aprobado en agosto de 2008 no marco do Programa Cultura da Unión Europea, que pretende conservar, divulgar e poñer en valor o patrimonio cultural das comunidades pesqueiras.
O programa agrupa as comunidades pesqueiras galegas de Muros, Lira e O Pindo, representadas polas súas confrarías de pescadores, e comunidades pesqueiras de Islandia, Noruega, Escocia, Chipre e Bulgaria.
A representación de Galicia complétase coa participación como socios do proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Programa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario