1-FORMACIÓN.- Cursos para Emprendedores |
Orientado a mozos/as emprendedores/as menores de 30 anos, cunha idea proxecto embrionario, co obxectivo de dotar ao emprendedor/a da formación adecuada para acometer o seu proxecto. Prazo de inscrición: 11 de setembro. |
2-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- iniciativas locais de emprego (ILES) |
ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. |
3-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- programa de emprego con apoio |
ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. |
4-CONVOCATORIA. - Programa de Emprendemento Social de "La Caixa" |
Dirixido a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e entidades sociais que inician a súa primeira ou nova liña de negocio. O apoio económico formulado nesta convocatoria- 25.000 euros por iniciativa - poderá ser destinado a financiar os primeiros gastos a que debe facer fronte o proxecto. |
5-Posta en marcha dunha nova edición do Programa Sae ó Mercado |
O Programa SAE OU MERCADO baséase no deseño e posta en marcha de ITINERARIOS FORMATIVOS, accións de formación- acción, dirixidas a pemes galegas en fase de crecemento e consolidación. Os itinerarios formativos estruturaranse en dúas fases, unha acción formativa presencial común a todas as empresas participantes e unha acción de titoría personalizada considerando a tipoloxía e visión empresarial de cada unha delas. Estos Itinerarios permitirán a la empresa, iniciarse e/ou reforzarse na área de mellora do soporte: Definición de estrutura organizativa da empresa Definición de obxectivos e control Recursos humáns. |
6-AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria |
ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. |
7-A protección dos datos persoais dos clientes |
A protección de datos e o organismo encargado desta tarefa, a Agencia Española de protección de datos está presente en moitas conversacións entre empresarios e emprendedores como un elemento máis na xestión da súa empresa. |
8-Xornada Alternativas financeiras para as pemes |
Estas xornadas pretenden explorar alternativas, algunhas novidosas, para que as pemes poidan mellorar a súa situación financeira. |
Información ofrecida por Igape -Bic Galicia |
viernes, 7 de septiembre de 2012
INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE FORMACIÓN E AXUDAS Á CREACIÓN DE EMPREGO E EMPRESAS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario