martes, 2 de abril de 2013

Axuda de Carácter socioecónomico para Mariñeiros afectados polos axustes da frota pesqueira, que axuden a paliar os efectos de dita reestructuración e apoien a reconversión de traballadores:entre elas a Compra do primeiro barco

Convócar para o exercicio 2013 axudas de carácter socioeconómico que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 6 de maio de 2010 (DOG nº 94, do 20 de maio).
  • Prazo de presentación:  03/04/2013 - 02/05/2013

     Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

  • Prazo de resolución: Seis meses.
  • Sentido do silencio: Negativo.
 A finalidade das axudas reguladas nesta orde é a de establecer medidas de acompañamento para os traballadores afectados polos axustes da frota pesqueira, que axuden a paliar os efectos da dita reestruturación e apoien a reconversión destes traballadores.
Tipos de axudas.
A) Primas por reconversión.
A.1. Parcial: diversificación de actividades: esta medida ten como obxecto o apoio ás actividades dos pescadores fóra do sector pesqueiro, permitíndolles que sigan pescando a tempo parcial, sempre que con isto se contribúa a reducir o seu esforzo pesqueiro. O proxecto de reconversión parcial deberá supor polo menos o 35% da actividade dos solicitantes.
A.2. Total: esta medida ten como obxecto o apoio á reconversión profesional dos pescadores en actividades profesionais a tempo completo nun sector distinto ao da pesca marítima.
B) Prima pola saída do sector pesqueiro.
Xubilación anticipada: consiste nunha percepción económica dunha cantidade mensual á cal terá dereito o tripulante ata que cumpra a idade legal de xubilación ordinaria, que resulta da aplicación dos coeficientes redutores previstos na normativa reguladora do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
C) Prima non renovable.
Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
D) Prima pola compra do primeiro barco.
Esta medida ten a finalidade de facilitar o acceso á propiedade, parcial ou total, dun barco aos profesionais do sector que nunca tiveron un en propiedade.


Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota, que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, ou tripulantes cuxo domicilio fiscal se atope en Galicia, e que reúnan todos e cada un dos requisitos establecidos máis adiante para cada unha das medidas.
Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos exixidos na normativa básica do Estado non sinalados no punto anterior.
O número de beneficiarios das axudas non poderán superar o número de postos de traballo suprimidos a bordo de buques pesqueiros como resultado da paralización definitiva das actividades pesqueiras durante todo o período de programación.
Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.

2. Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, nesta orde de convocatoria e demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a súa comprobación documental e material. Excepcionalmente, en casos xustificados, os prazos poderán ser prorrogados por resolución expresa por pedimento do interesado, sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiro. A duración da prórroga non poderá exceder a metade dos prazos establecidos.
b) Acreditar mediante declaración responsable que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
c) No caso das axudas previstas no artigo 6º A) e D), os bens subvencionados deberán ser destinados ao fin concreto para o cal se conceda a subvención durante un período mínimo de cinco anos, de acordo co previsto no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo da Pesca.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.
f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
g) Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a modificación das finalidades para as cales foi concedida a axuda, o que pode levar consigo unha minoración da axuda concedida ou a súa denegación, segundo a importancia das modificacións operadas.
h) Os beneficiarios terán a obriga de dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento dos investimentos realizados no caso das axudas reguladas nas letras A e D do artigo 6º, con expresa mención da participación do Fondo Europeo da Pesca, de conformidade co establecido no Regulamento 498/2007, do 26 de marzo.
i) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención, que permita seguir a pista de auditoría.

Requisitos:

Requisitos específicos segundo o tipo de axuda.

A) Prima por reconversión.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
2. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
3. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador.

B) Prima pola saída do sector pesqueiro.
Xubilación anticipada:
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar e ter cotizado un período mínimo de quince anos no momento en que vaia cumprir a idade de xubilación.
2. Ter 55 anos ou máis e non ter a idade legal de xubilación no momento da solicitude.
3. Ter exercido durante un mínimo de dez (10) anos a profesión de pescador.
4. Estar enrolado e de alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta.
5. Non poderán ser beneficiarios destas aqueles solicitantes que se atopen en situación de incapacidade laboral transitoria.
C) Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.
1. Tripulantes que traballasen a bordo dun buque pesqueiro polo menos doce meses, sempre que o buque se sometese á paralización definitiva das actividades pesqueiras e que a dita paralización forme parte dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
2. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar e ter cotizado neste réxime durante un período mínimo de doce (12) meses.
3. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
4. Estar enrolado e en alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego, no buque obxecto de axuste estrutural desde o momento en que o armador solicite a prima por paralización definitiva ata que se lle conceda a dita axuda. No caso de tripulantes enrolados en buques incluídos nos programas de adaptación da frota, obxecto de paralización definitiva, estar enrolado e de alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, no momento do cesamento da actividade do buque, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego.

D) Prima pola adquisición do primeiro barco.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
2. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador ou formación profesional equivalente.
3. Adquirir un buque das seguintes características:
3.1. Eslora total inferior a 24 metros.
3.2. Idade comprendida entre 5 e 10 anos.
4. Non ser propietario de ningunha outra embarcación de pesca.
5. Ter menos de 40 anos na data de adquisición da embarcación sempre que presente a solicitude na convocatoria aberta nese momento ou na inmediatamente seguinte á da dita adquisición.

Mais información e documentos de solicitude: http://www.xunta.es/apps/gdp/showFile.do?codCons=PE&codProc=113D 

No hay comentarios: