martes, 17 de diciembre de 2013

O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" co turismo e a discapacidade

O presidente do Grupo de Acción Costeira (GAC) "Golfo Ártabro", D. Andrés García Boutureira, xunto a alcaldesa de Bergondo,  Dna. Alejandra Pérez Máquez, a Xornada sobre discapacidade e turismo "Ven a coñecer o Porto e o Mar", esta xornada tivo por obxecto dar a coñecer os proxectos financiados polo Gac Golfo Ártabro, as actividades e servizos de ocio e turismo que teñen as Asociacións e entidades de noso territorio e as actividades que realizan e dar coñecer a posibilidade de novos proxectos para o sector do mar relacionados co ocio, o turismo e a discapacidade.
A xornada comenzou coa disertación de D. Ramón Sestayo Lestón, vicepresidente de COGAMI, sobre a accesibilidade de persoas con discapacidade a portos pesqueiros e náuticos, así como os proxectos sobre actividades de ocio náutico, que realiza a súa entidade.
D. Cesar Longo Queijo, Alcalde de Paderne. Moderou a Mesa sobre "Proxectos subvencionados polos Grupos de Acción Costeira". 
Donde se presentaron os proxectos:
Do Concello de A Guarda "Gamela Guardesa de Vela adaptada" presentada pola Concelleira do Concello da Guarda, Dna. Montserrat Magallanes Álvarez, onde explicou o proceso para adaptación dunha gamela tradicional guardesa para el uso y disfrute de persoas con discapacidade.
De Altavela onde D. Esteban Fernández Couto comentou a actividade da súa empresa de servizos náuticos e explicou actividades de navegación a vela para persoas con discapacidade.
De Deport-Ocio o seu promotor, D. Jesús Manuel Rodríguez Cotos, mariñeiro e persoa con discapacidade explicou o seu servizo de aluguer de bicicletas e karts a pedais.
O Concelleiro de Sada, D. José A. Sánchez  López  moderou a mesa sobre "Programas de  entidades de carácter social. Actividades de ocio e tempo libre Mariñeiras e naúticas" os representantes das entidadades do territorio de carácter social como ASPACE, ASPANAES, ASPRONAGA, Asociación Cultural de Minusvalidos, e ONCE. presentaron a súas actividades: D. Eulogio López Río, Director ASPACE, Dna. Enma Cuestas de ASPANAES, D. Iago Graña Venduña da Asociación Cultural de minusvalidos e D. Niveves García Longueira, de ONCE -DT Galicia.  
Para finalizar a xornadas D. Diego Miranda Barrós, en representación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo realizou unha disertación sobre as oportunidades se abren con este título da UNESCO.
Pechou a Xornada o Xerente do GAC Golfo Ártabro, D. Federico E. López Viñas, sinalando as oportunidades que se abren para o sector do mar e emprendedores do territorio, e lembrando que ata o 31 de marzo de 2014, poderanse presentar as solicitude de axudas para proxectos ao abeiro do Plan Estratéxico Zonal. Mais información. 
Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro"
Federico E. López Viñas
Xerente Grupo de Acción Costeira Golfo Artabro
Av. do Porto s/n Baixo 15160 Sada
Tel./Fax 881.896.417  movil: 617.867.820
Correo electrónico:  gac2@accioncosteira.es
Web: http://www.accioncosteira.es
Blogg: http://gacgolfoartabro.blogspot.com
  Fotos do Evento







No hay comentarios: