jueves, 29 de mayo de 2014

Nova edición de Come o Mar 2014

Nova edición da Come o Mar, o Club de Turismos MarGalaica presentou onte 28 de Maio, no Hotel Monumental San Francisco a nova edición de Come o Mar, acto presidido pola Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dna. Rosa Carballo.
Esta tempada Gastronómica promociona os nosos produtos do mar, así como a nosa Cultura Mariñeira e o Turismo Mariñeiro.
Durante o mes de xuño, poderase degustar nos Restaurantes Asociados, menus mariñeiros e tamén disfrutar de actividades e paquetes turísticos, onde poderase coñecer a cultura mariñeira e maravillarse das nosas rías e disfrutar. Entre as novedades deste ano está o pasaporte, onde poderás conseguir importantes premios.

Disfruta dos Restaurantes do Territorio do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" e dos paquetes turísticos que hai na nosa zona.

Para mais informaciónCome o Mar
Esta campaña está financiada polos Grupos de Acción Costeira de Galicia, a través do Fondo Europeo de Pesca, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e Xunta de Galicia Consellería de Medio Rural e do Mar.
Europa inviste na Pesca Sustentable


No hay comentarios: