jueves, 20 de noviembre de 2014

Visita de Estudio a Grupo de Acción Costeira Tenerife. 19 novembro de 2014

Unha representación da Xunta Directiva e das Cofradías do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, realizou unha viaxe de estudio ao Grupo de Acción Costeira Tenerife. Entre o 18 e 20 de Novembro de 2014. Esta actividade está financiada polo Gac Golfo Ártabro a través dos Fondos Europeos da Pesca, do MAGRAMA e da Consellería de Medio Rural e do Mar.  O obxectivo de esta visita de estudio eo intercambio de experiencias das Confrarías e dos membros da Xunta Directiva do Gac´s. Co fin de intercambiara coñecementos e boas prácticas.

O Primeiro día 19 Novembro, se visitou as Confrarías de Porto La Cruz e Punta Hidalgo ao norte da illa de Tenerife, nestas visitas pudimos coñecer  e informarnos da actividade da Confraría  e das actividades de diversificación da Confraría de Pescadores de Puerto La Cruz, mediante a Concesión dos servizos de Restaurante e Pescadería,  e da venda de suvenires para os turistas, tamén teñen como obxectivo facerse cos servizos de varadeiro da zona Náutica, a confraría también ten un museo coa historia da mesma. Carlos Carrillo o patrón Maior da Confraría e Lope Alonso concelleiro de desenvolvemento local do Concello de Puerto La Cruz, informáronos das distintas iniciativas e proxecto que se vai a  presentar ao Gac de Tenerife e dos proxectos de ampliación do porto.

Fotos da Confraría de Porto La Cruz.





















Na confraría de Punta Hidalgo, o seu Patrón Maior Manuel Romero, nos informó de la situación da Confraría, e do porto que na actualidad está  en obras para mellora de acceso no mesmo. O director técnico de Cima, empresa de servizos medioambientais, explicounos o proxecto para análise de viabilidade económica da cría de cangrexo para carnada na que a Confraría de Punta Hidalgo colabora.








No hay comentarios: