miércoles, 22 de abril de 2015

Reunión Informativa de lanzamento FEMP 2014-2020, sobre a orden, e o proceso para a presentación de Candidaturas e Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.



O pasado 17 de abril publicouse no DOGA a orden pola que fai pública a convocatoria de selección de candidatos a Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para a elaboración de estratexias de Desenvolvemento Local Participativo no período de programación do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) 2014-2020 en Galicia. Máis informacion
Nesta orden se marcan os novos requisitos que deben ter os candidatos a Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (actuais Grupos de Acción Costeira).
O Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro” realizará unha Reunión Informativa de lanzamento FEMP 2014-2020, sobre a orden, e o proceso para a presentación de Candidaturas e Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.

Data: Mércores 29 de Abril  2015
Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, (Antiga Axudantía de Mariña) Av do Porto 26.
Hora: 18:00

Dirixido a:
Confraría de Pescadores, Asociacións do Ambito do Mar, Asociacións (empresariais, veciñais, sociais, culturais, etc...), Fundacións,  Concellos, e entidades das Comarcas de A Coruña, Betanzos, Eume, Ferrolterra, interesadas. 

Contacto: Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro"
Av. do Porto S/N Baixo Casa do mar
Confirmación asistencia: gacgolfoartabro@gmail.com
Sinalando: Nome, Apelidos, e entidade a que representa.


No hay comentarios: