Despois
de sete anos de traballo compre que a poboación dos territorios
costeiros sexa coñecedora e partícipe do labor que se está desenvolvendo
desde os
GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA. Por este motivo, a Consellaría do Mar da Xunta de Galicia, en colaboración co GAC 2
(Grupo de Acción Costeira 2, Golfo Ártabro)
convídavos a compartir unha xornada mariñeira o vindeiro xoves 9 de
xullo na que faremos un repaso do traballo desenvolvido nos GAC durante o
período de axudas 2007-2013. Ademais coñeceremos proxectos creados con
éxito na nosa zona e trazaremos xuntos os retos de futuro para o novo
período de axudas de aquí a 2020. A vosa participación é fundamental
para planificar as accións dentro do noso territorio e tamén de cara a
trazar novas estratexias que permitan tecer redes con outros territorios
costeiros e aproveitar dun xeito sostible todo o potencial da costa
galega.
DESCARGAR CARTEL
No hay comentarios:
Publicar un comentario