Despois
de sete anos de traballo compre que a poboación dos territorios
costeiros sexa coñecedora e partícipe do labor que se está desenvolvendo
desde os
GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA. Por este motivo, a Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración co GAC 2
(Grupo de Acción Costeira 2, Golfo Ártabro)
convídavos a compartir unha xornada mariñeira o vindeiro martes 11 de
agosto na que faremos un repaso do traballo desenvolvido nos GAC durante
o período de axudas 2007-2013. Ademais coñeceremos proxectos creados
con éxito na nosa zona e trazaremos xuntos os retos de futuro para o
novo período de axudas de aquí a 2020. A vosa participación é
fundamental para planificar as accións dentro do noso territorio e tamén
de cara a trazar novas estratexias que permitan tecer redes con outros
territorios costeiros e aproveitar dun xeito sostible todo o potencial
da costa galega.
DESCARGAR CARTEL
No hay comentarios:
Publicar un comentario