martes, 15 de marzo de 2011

Xornadas de Divulgación e Coñecemento do GAC 2: Fomento de Proxectos Productivos


O obxectivo destas xornadas é o fomento da realización de proxectos productivos no territorio de Actuación do Grupo de Acción Costeira do Golfo Ártabro en relación cos sectores de desenvolvemento económico do mesmo.

Esta actividade organizase dende o GAC Golfo Ártabro, e vai dirixida a empresarios/as dos sectores náutico, hostaleiro, turismo activo, confrarías, asociacións e outros sectores relacionadas co mar.

Os contidos das Mesas Sectoriais serán os seguintes:

- Presentación do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro
- Información sobre o Plan Estratéxico Zonal
- Os proxectos produtivos tipoloxía de proxectos aprobados no GAC Golfo Ártabro e noutros Grupos de Acción Costeira de Galicia
- Rogos e preguntas.

Máis información

Secretaría técnica das Xornadas: actividades.caixal@gmail.com; gac2@accioncosteira.es
Tel 981.268.314

Para os Concellos
Miño, Paderne, Pontedeume e Cabanas
Día: 15 de Marzo 2011
Lugar: La Escuela Laica N-651 km. 23 nº28 A Torre-Porto. Cabanas
Hora: 19:30
Duración: 1 - 1,30 h.

Para os Concello de Ares, Mugardos, Fene, Neda, e Narón.
Lugar: Casa da Cultura. Concello de Neda
Hora: 19:30
Duración: 1 - 1,30 h.

sábado, 12 de marzo de 2011

1ª Sesión da Xornadas de Posta en valor do Patrimonio Cultural Maritimo no Golfo Ártabro. Embarcacións tradicionais como recurso turístico.

Celebrouse o pasado Sábado 12 de marzo na Casa Labarta de Mera no Concello de Oleiros, a primeira sesión das Xornadas de posta en valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro, nesta ocasión centradas nas embarcacións tradicionais como recurso turístico.

As xornadas foron inaguradas polo Concelleiro do Concello de Oleiros, D. Daniel Romero Cajigal, en representación do Concello de Oleiros e como Vicepresidente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro".

Nesta xornada se presentaron as actividades das distintas asociacións que colaboran na realización desta xornadas representadas por D. Miguel Martínez Madroño, pola Asociación Cultural Mariñeira "Os Patexeiros", e D. Jorge Portela Gadás, polo Clube Náutico Punta Bufadoiro.
Pechou a primeira mesa redonda o Xerente do G.A.C. Golfo Ártabro, D. Federico López Viñas, que fixo unha presentación do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" así do programa do Plan Estratéxico Zonal y do Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca.



Se visonou unha proxección dun documental de Proa a Popa nº80 (2008.TVG) sobre embarcacións tradicionais galegas, para xerar un debate entre o público e ponente invitado, D. Bernardo Máiz Vázquez que realizou unha conferencia e posterior debate sobre la historia das embarcacións tradicionais de madera do Golfo Ártabro e a situación actual.



Unha exposición de fotos antigas de Mera, e de as embarcacións que cruzaban a ría dende Mera a Cidade de A Coruña, xunto con maquetas e embarcacións completarón esta primeira sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Marítimo.

miércoles, 9 de marzo de 2011

XORNADAS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL MARÍTIMO NO GOLFO ÁRTABRO


Os obxectivos destas xornadas son, presentar o traballo das asociacións na recuperación e posta en valor do Patrimonio Marítimo Fluvial, establecer redes entre os axentes sociais implicados neste sector para o desenvolvemento sostible e mostrar o potencial existente a nivel económico a través da recuperación e valorización do Patrimonio Cultural Marítimo (material e inmaterial).

Esta actividade organízase dende o Grupo de Acción Costeira do Golfo Ártabro (GAC 2) en colaboración con A.C.M. 'Os Patexeiros' (Sada) e Clube Náutico Punta Bufadoiro (Mera), e o Concello de Oleiros.

Programa:
Primeira sesión: 12 de Marzo . Casa Labarta de Mera
Segunda sesión: 26 de Marzo. Peirao de Lorbé
Terceira sesión: 2 de Abril. Peirao de Lorbé
Cuarta sesión: 9 de abril. Casa Labarta de Mera


As xornadas oriéntanse a tódolos publicos interesados no tema. O aforo é limitado a un
grupo de 25 persoas para as actividades a realizar no peirao de Lorbé os sábados 26 de
marzo e 2 de abril

sábado, 26 de febrero de 2011

VIAXE DE ESTUDIO A GIRONA

Dentro das actividades de formación e sensibilización do Gac Golfo de estudio a Girona realizouse unha viaxe de estudio co obxectivo, visitar o Forum Gas de coñecer a actividad das Confrarías de Cap de Creus, e como afecta a súa actividade a zona marítima do Parque Natural de Cap de Creus, así coñecer dende o Dirección do Parque e dos seus técnicos, como afecta a distintas artes de pesca, os distintos graos de protección das zonas marítimas do Parque. Esta visita prolongouse dende 22 ao 25 de Febreiro.
Confrarías Visitadas:
Confraría de Roses, presentaron as instalacións da confrarías, nas que se poden sinalar, a lonxa, un ultramarinos, instalacións para preparación e envasado de pescado de acuicultura, e produtos como fumé de pescado, así como unha pescadería.
Confraría de la Selva, mostraronnos a lonxa, e os locales arrendados pola confraría, entre las que están unha sucursal bancaria, un hotel, unha pizzería e unha libraría, unha cafetería, teñen o proxecto de comercializar o seus produtos mediante unha pesquería.
Confraría de L´Escala, presentaronnos as instalacións de Confraría, a Lonxa, un aula de peixe onde realizan actividades de divulgación do peixe, e tamén ten un aula de cociña, onde se muestra as recetas tradicionais da zona con produtos das Confrarías

O GAC GOLFO ÁRTABRO NO FORUM GASTRONÓMICO




Unha representación de cofradias e empresas do GAC Golfo Ártabro presentaron o seus produtos no Forum Gastronómico de Girona celebrado do 20 ao 23 febreiro, dentro das actividades de difusión e promoción de produtos do noso territorio en Ferias. Nesta ocasión no stand da Consellería do Mar e da Consellería de Medio Rural.

A Confraría de Barallobre mostrou con gran aceptación os productos que comercializa, a ameixa fina, a ameixa babosa, berberecho entre outros produtos.

A empresa Porto-muiños, presentou unha importante mostra dos seus produtos, as súas tapas en conserva, as salsas, as algas deshidratadas.

Os productos destas entidades tiveron unha moi boa acollida entre os profesionais asistentes as distintas catas e talleres onde se degustaron os seus productos.

lunes, 31 de enero de 2011

III SEMINARIO SOBRE XESTIÓN INTEGRAL DE ZONAS COSTEIRAS:

O Vindeiro venres 4 de Febreiro de 2011, dentro das actividades de difusión do GAC Golfo Ártabro, terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Sada, sita na Antigua Ayundantía de Mariña, Av. do Porto s/n, o Terceiro Seminario de Xestión Integral de Zonas Costeiras, nesta ocasión tratarase os seguintes temas experiencias de Xestión Integral de Zonas Costeiras noutras Comunidades de España, e o Plan de Ordenación do Litoral en Galicia. Os ponentes nesta ocasión serán:
D. Carlos Peña Martínez, Subdirector Adxunto da Dirección Xeral para a Sostibilidade da Costa e o Mar, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
D. Manuel Borobio Sanchiz, Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestructuras, Xunta de Galicia.

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, Av. do Porto s/n (Antiga Ayudantía de Mariña)
Hora:17:00

Díptico

VIAXE DE ESTUDIO E A ASISTENCIA A CONGRESOS GAC GOLFO ÁRTABRO


Dentro das actividades de Sensibilización, formación e difusión do GAC Golfo Ártabro tense realizado visitas ao Pais Vasco para asistencia ao 1º Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro en San Sebastián, e visita de estudio ás localidades de Lekeitio e Hondarribia do 6 ao 9 de outubro 2010, nesta viaxe as mulleres representantes das Confrarías do Golfo Ártabro puideron coñecer e compartir experiencias con mulleres de outras comunidades. Na visitas realizadas ás localidades de Lekeitio e Hondarribia, puideron coñercer distintas actividade de diversificación como a comercialización de productos de conserva da Confraría de Hondarribia, na localidade de Lekeitio coñeceron exemplos de comercialización directa, e museos de interpretación do mundo do mar, e a musealización dun barco de pesca de palangre entre outras accións.

De interese foia asistencia ao Seminario celebrado na Cidade de Almere, en Holanda y la visita dunha representa da Xunta Directiva do GAC Golfo Ártabro a dous Grupos de acción local de Pesca de Holanda. Nesta viaxe, se visitaron a provincia de Zeeland e Den Eover, onde se puido coñecer distintos proxecto como unha empresa que comercializa produtos elaborados a partir de produtos do mar, unha empresa dedicada a reproducción de semilla de ameixa, e outros moluscos, unha acuicultura engorde de moluscos, ameixa, ostras, experimental, unha escola de cociña de produtos do mar, entre outros. 16-20 de novembro de 2011.


E visita de estudio, para coñecer os proxectos e actividades realizadas polo Grupo de Acción local de Pesca do Delta do Ebro. Nesta viaxe os 9 representantes da Xunta Directiva puideron coñecer de primeira mau, as actividades de comercialización e diversificación de confrarías de Pescadores, a actividades complementarias turística, como a Estación Nautica de San Carlos de la Rapita, ou o engorde de Atun Rojo en xaulas mariñas dunha empresa desta zona.
Esta viaxe realizouse entre 15-17 de decembro de 2010.