O pasado venres na Antiga Sede de Confraría de Pescadores De Miño, celebrouse unha xornada informativa sobre diversificación e comercialización en Comunidades Pesqueiras. Nestas xornadas se presentaron as experiencias de comercialización da Cofraría de Barallobre, que expuso como realizan a comercialización do seus produtos, basados na calidade, e a do grupo de armadores de Ribeira, baixo a marca Pescaldia, que valorizan a sardiña, o xurel, a xarda... e outros productos presentandos en distintos embases para a súa comercialización en 24horas, dende que son pescados.
Por outra banda, se coñeceron experiencias de diversificación presentadas polo Coordinador do Proxecto TAMAR- ICMBio, sobre como se está a traballar en comunidades pesqueras da Costa do Brasil para a recuperación de varias especies de tartarugas, a través de centros de interpretación, o respeto e cuidado destes animais, e a elaboración de produtos de merchandasing, como camisetas, e outro tipo de souvenirs relacionados coas tartarugas.
Por outra banda, dende o CETMAR se presentou experiencias de diversificación realizadas en Galicia, en base a valorización de produtos como o percebiño ou o turismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario