viernes, 2 de septiembre de 2011

O Presidente do GAC Golfo Ártabro inaugura as Xornadas de Exaltación dos Produtos do Mar de Sada


O Presidente do GAC Golfo Ártabro, D. Andrés García Boutureira, inauguró xunto con o Alcalde de Sada D. Ernesto Anido Varela e a Presidenta da Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, Dna. Antonia Fondevila Balado, as Xornadas de Exaltación de Produtos do Mar do Golfo Ártabro, na Carpa sita no Paseo Maritimo de Sada.

Estas xornadas organizadas polo GAC Golfo Ártabro e Asociación de Empresarios de Sada e as Mariñas, teñen por obxectivo valorizar Produtos do Mar das Confrarías, Lonxas e Empresas de Acuicultura do Territorio do Golfo Ártabro, a través de pratos preparados por unha representación dos restauradores e hostaleiros de Sada, poderan degustar distintas recetas de empanadas, e pratos de almeixas, mexilóns, sardiñas, parrochas..., todos produtos de proximidade do Territorio do GAC Golfo Ártabro. Estas Xornadas pecharanse o vindeiro domingo 4 de setembro.
Foto. Andrés García Boutureira, Presidente do GAC Golfo Ártabro e os representantes da Xunta Directiva Josefina Romeu Pérez , representante Asoc. Empresarios de Miño, e Emilio Mendez Gómez, Patrón Maior da Confraría de Lorbé.

No hay comentarios: