martes, 8 de mayo de 2012

3ª FESTA DA XIBA EN SADA


O vindeiro 20 de maio celebrarase en Sada a 3ª Festa da Xiba, organizado polo Concello de Sada e colaboran o Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, A Confraría de Pescadores de Sada, A.D.R Mariñas Betanzos e Asociaciación de Empresarios de Sada e das Mariñas e a Deputación da Coruña

Este ano 13 establecementos hostaleiros promocionarán este cefalópodo durante a semana anterior á festa de tal maneira que disporán nos seus menús dun plato elaborado con Xiba.

Igualmente temos previsto celebrar o Venres 18 ás 12:30 horas unha charla

divulgativa acerca deste producto da nosa ría que será impartida polo especialista no tema D. Ángel Guerra, membro do IIM de Vigo (CSIC ).

No hay comentarios: