viernes, 15 de junio de 2012

POSTA EN COMÚN DOS RETOS PARA A MELLORA MEDIOAMBIENTAL NO GOLFO ÁRTABRO




Onte tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Sada unha interesente e concurrida Xornada sobre os Retos para a Mellora Medio Ambiental no Golfo Ártabro.

A Xornada inaugurada polo Presidente do Gac Golfo Ártabro, Andrés García Boutureira, que falou sobre as distintas actividades pesqueiras e marisqueiras que se realizan polo sector ao longo das rías. A importancia teñan da boa calidade ambiental das rías que dan de comer a mulleres e homes e familias do noso litoral e é unha importante fonte recursos económicos, a necesidade que as depuradoras funcionen e evitar os puntos de verquido que aún existen nestas rías, e o Alcalde de Sada, Ernesto Anido Varela, inauguró as xornadas en un saluda ós ponentes e ó público presente.


Dúas mesas redondas.

Na primeira se falou sobre as estratexías para a conservación medio ambiental, na que Jorge B. Ballón do GDR Mariñas- Betanzos explicou a Candidatura da Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" e súa repercusión na zoas do litoral. Outra das ponencias da mesa presentadas por Javier Ferreiro do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago de Compostela trató sobre a Ampliación da Rede Natura 2000 no litoral do Golfo Ártabro, é o derradeiro ponente Francisco Javier Sanz Larruga, Director do Observatorio de litoral e profesor da Universidade da Coruña, explicou as bases para a posta en marcha da Xestión Integrada das Zonas Costeiras, a estas ponencias seguíu unha rolda de cuestións onde se debatíu con interese estes temas.

Na segunda e derradeira mesa da xornada falouse da situación e os retos das rías.

Onde as ponencias do sector do mar, presentadas por María José Crepo Fraga, Patroa Maior da Confraría de Miño, María Jesús López Iglesias, Patroa Maior da Confraría de Pontedeume e Joam Luis Ferreiro Caramés, Asistencia Técnica da Confraría de Barallobre e Biólogo, amosaron a situación medioambiental das Rías, Ares Betanzos, Ferrol e A Coruña, do Golfo Ártabro, onde a alta contaminación dos bancos marisqueiro fai que teña que levar o produto a depurar a bateas, co prexuicios que elo conleva. Así como a necesidade de que funcionen as depuradoras e evitar os verquidos directos ao mar, e propoñeuse que augas de Galicia xestionará as depuradoras, entre outros argumentos.

Por su parte Roberto Arias de Auga de Augas de Galicia, o seu subdirector de Planificación e Proxectos, informou sobre ás infraestructuras de saneamento e depuración no litoral e no interior do Golfo Ártabro e sobre o plan de infraestructura de Augas de Galicia, no territorio.

Ricardo Babío Arcay, Xefe de proxecto e obras da Demarcación de Costas de Galicia realizou
un percorrido polas actuacións realizadas por esta institución no litoral do Golfo Ártabro nos derradeiros anos.

Acabadas as interbencións realizouse un pequeno debate sobre este tema onde os ponentes responderon ás cuestións do público presente.

Finalizou a Xornada co peche por parte do Concelleiro de Promoción Económica do Concello de Arteixo e actual Vicepresidente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" Manuel Padín Santos, Cesar Longo Queijo, Alcalde de Paderne e José Ángel Sánchez López Concelleiro de Promoción Económica do Concello de Sada, que comentaron a importancia da posta en común de estas cuestións ambientais, entre institucións, confrarías, concellos, asociaciacións e a riqueza ambiental de nosas rías, a importancia dos marineros e mariscadoras e mariscadores das nosas rías, así como la excelencia dos produtos do mar do Golfo Ártabro e do maridaxe cos de terra.

A Xornada finalizou coa degustación e maridaxe de produtos de mar e terra, realizados polo Restaurante TAMEI

No hay comentarios: