viernes, 15 de junio de 2012

XORNADA "ESTRATEXÍAS TURÍSTICAS NO GOLFO ÁRTABRO"

A Xornada do GAC Golfo Ártabro "Estratexías Turísticas no Golfo Ártabro" que terá lugar o vindeiro 21 de Xuño, Xoves, Ás 17:00 no Salón de Plenos do Concello de Sada,(Antiga Axundantía de Mariña de Sada).

O Golfo Ártabro contén destacados valores e recursos naturais que deben ser conservados e explotado sostiblemente para asegurar a continuidade das actividades ligadas ao mar e ao litoral.

Esta xornada servirá para dar a coñecer diferentes estratexias e actividades turísticas ligadas ao mar e ao medio mariño, así como as oportunidades e os retos que se presentan para o sector turístico nos concellos que comprenden o Golfo Ártabro. Como turísmo Mariñeiro, Gastrónómico e Nautico.


Unha vez rematada a xornada terá lugar unha degustación de produtos do mar e do territorio.
Díptico da xornada facer click aquí

Pode confirmar a asistencia enviado un correo electrónico a:
gacgolfoartabro@gmail.com

No hay comentarios: