A Confraría de Sada organizou a xornada sobre Xestión Integrada das Zonas Costeiras, en colaboración co Ceida, no Castelo de Sta Cruz. A Xornada foi inaugurada polo Patrón Maior da Confraría de Sada, Andrés García Boutureira, o concelleiro de Obras Públicas, Rodrigo López Piquín e Director do Ceida, Carlos Vales.
Nesta Xornada disertouse sobre ampliación da Rede Natura 2000 ás areas Costeiras e mariñas, realizada polo director xeral de Conservación a Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Rogelio Fernández, sinalou entre outras apuntes que hai na nova proposta de ampliación da Rede Natura a Zonas Mariñas no Territorio do Golfo Ártabro esta ampliación sería na costa de Ares e Mugardos, a Costa de Narón e a Costa de Arteixo.
Ver:
Dende a Demarcación de Costas de Galicia, o seu responsable Rafael Eimil sinalou os aspectos máis salientables do Anteproxecto de lei de modificación da lei 22/1988, de juliode Costas, respecto a lei vixente.
Plan de ordenación do Litoral de Galicia
A xornada rematou coa conferencia conferencia de Elena Vázquez da Fundación Lonxanet para pesca Sostible, que falou sobre a Pesca Artesanal no ámbito da Conferencia das Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sostible, Río + 20, onde promoveu ás Reservas Mariñas de Coxestión cos pescadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario