O pasado xoves día 15 de Novembro, tivo lugar no Castelo de Santa Cruz de Oleiros a Xornada "Reservas da Biosfera, unha oportunidade para a nosos produtos, organizado pola Confraría de Pescadores de Sada coa colaboración do Ceida e financiada polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" a través do Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca.
Nesta xornada se presentaron distintas experiencias e debatiuse sobre as oportunidades que se abren ás Confrarias do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" para a promoción dos produtos do noso mar baixo o amparo desta distinción de Reserva da Biosfera, distinción da UNESCO.
A Xornada foi inaugurada polo Patrón Maior da Confraría de Sada, D. Andrés García Boutureira.
Na ponencia de Javier Ferreiro, sobre As Reservas da Biosfera, unha oportunidade para a promoción dos produtos mariños locais, fixo unha exposición sobre as oportunidades que se abren ao sector do mar, en canto a promoción dos seus produtos, tamén respecto a actividades comprementarias do sector como o turismo mariñeiro.
Na ponencia de Jorge Blanco, do GDR Mariñas - Betanzos, sobre Potencialidades do medio mariño e litoral na Candidatura da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Fixo unha percorrido sobre o proceso consensuado da preparación da Candidatura, e o papel que tiveron as Confrarías do territorio, o apoio destas á Candidatura. A Potencialidade das Rías na armonización do seu uso produtivo coa protección medioambiental, como pode ser a de Sada -Betanzos.
Mais información: aquí.
Outra das experiencias foi a presentada por Sonsoles López, da Deputación de Lugo. Sobre A Comercialización na rede e fomento de consumo de produtos locais, das Reservas da Biosfera da Provincia de Lugo. Comentou como se organizou o proxecto de comercialización dos produtores e como se realiza a venda dende que se realiza un pedido dos produtos ata a súa chegada o consumidor. Máis información: aquí
Por súa parte Bernardo Varela, Coordinador da Reserva da Área de Allariz, amosou as estratexias para promoción, potenciación e Valorización dos produtos da Reserva da Biosfera da Área de Allariz, e como o sector do mar podería enfocar a súa promoción. mais información: aquí
Unha vez presentadas as distintas experiencias realizouse unha mesa coloquio, moderada por Jose Angel Sánchez López, concelleiro de Promoción Económica e Turismo do Concello de Sada, cos asistentes, onde se concluíu que a Declaración de Reserva de Biosfera "As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", é un proceso que segue coa distinción e prosigue unha vez recibida, onde o sector do mar terá un papel relevante tanto na conservación do espazo litoral, como no mantemento da súa actividade. A Declaración de Reserva de Biosfera é unha oportunidade para a promoción dos produtos do mar e todas aquelas actividades comprementarias que poida realizar o sector Mariñeiro baixo esta distinción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario