miércoles, 28 de noviembre de 2012

AS BOAS PRÁCTICAS DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA DE GALICIA E FUTURO FONDO EUROPEO MARÍTIMO PESQUEIRO NO FORO ORGANIZADO POLA CONFRARÍA DE SADA


A Confraría de Sada organizou coa colaboración do Ceida, e financiado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" baixo o Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, o Foro de Boas Prácticas dos Grupos de Acción Costeira".
O pasado Xoves 22 de novembro no Castelo de Santa Cruz, representantes das Cofradías de Galicia presentaron os proxectos considerados boas prácticas, financiados polos sete Grupos de Acción Costeira de Galicia. A xornada comenzou coa apertura da Xornada por el presidente de Confraría de Pescadores de Sada, D. Andrés García Boutureira, e polo Secretario Xeral do Mar D. Juan Carlos Maneiro Cadillo.
 

A Conferencia inaugural foi realizada polo Secretario Xeral do Mar D. Juan Carlos Maneiro Cadillo, versou sobre as negociacións sobre a Politica Pesqueira Común, e as oportunidades que se abren aos Grupos de Acción Costeira de Galicia e ao Sector do Mar co novo Fondo Europeo para as políticas marítima e pesqueira da Unión Europea 2014-2020.
                         

A continuación iniciou a ronda de presentacións de Boas Prácticas, o Patrón Maior da Confraría de Barallobre, que presentou os proxectos financiados polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" baixo Eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca, sobre eficiencia enerxética, na que se realizou primeiramente un estudio detallado dos consumo de enerxía das instalacións da Confraría, e procedeuse a un plan de eficiencia, por unha parte administrativa, onde aconsellou ós proveedores de electricidade máis baratos, paralelamente se revisaron todas instalacións e se amosaron todas aquelas instalacións que se deberían mellorar para reducir o custe enerxético, como bombillas, puntos de toma de luz, etc. e analizouse a viabilidade de instalacións de xeración de enerxía, solar e eólica, e segundo os estudios, foi viable a fotovoltaica solar. No segundo proxecto financiado, foi a instalación fotovoltaica de 20Kw, que reducíu considerablemente a factura enerxética da Confraría.  

                         

A Boa Práctica financiada baixo o Eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca polo G.A.C A Mariña - Ortegal foi a Misión comercial inversa marítimo - pesqueira, proxecto da Confraría de Celeiro, que versou sobre un Plan de visitas organizadas a Celeiro de potenciais compradores e/o prescriptores de opinión, para que coñezan os produtos e a oferta marítimo- pesqueira da zona, propiciando un intercambio de coñecementos co sector pesqueiro (melloras e oportunidades). Pretendese que este coñecemento se transmita nos mercados obxecto da misión: restaurantes de alto nivel, pescadarías de alta gama e consumidores de productos de calidade. Tratase, así mesmo, de presentar os productos pesqueiros como parte da oferta turístico-marítimo-pesqueira na que se entrelazan: espazos de gran valor ambiental, un importante patrimonio histórico-artístico, a cultura pesqueira, unha importante oferta de ocio activo, unha oferta hotelera versátil, un clima con temperaturas suaves, festas gastronómicas, etc., ofertando un paquete turístico atractivo, económico, diferente e non estacional.


                             
 
A Boa práctica financiada baixo o Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca polo G.A.C. Costa da Morte, foi da Confraría  de Caión, foi o proxecto remodelación e posta en valor do arquivo histórico da Confraría de Pescadores de Caión, obxectivo do proxecto foi a rehabilitación do baixo do local da Confraría de Caión para archivo público e espazo multifuncional de exposicións e conferencias. Realizouse tamén a catalogación do seu extenso archivo e dixitalización, realizado coa colaboración dunha asociación de discapacitados do Concello, que tamén se encarga de as funcións de guía para grupos de visitantes. Este proxecto realizouse unha serie de paneis interpretatativos e virtuais, e ten entre o seus obxectos un óso de balea e unha botella de aceite de balea en recordo do pasado, como porto baleiro de Caión. A finalidade da Confraría era dar a pobo de Caión e os visitantes, o pasado mariñeiro da localidade, que cada ano que pasa vai menguando, a xente que vive directamente da pesca.
Este proxecto ten sinerxias con outro proxecto financiado polo GAC Costa da Morte do Concello de Laracha, MAR DE CAION cuxo principal obxectivo do proxecto Mar de Caión é poñer en valor a gran variedade de recursos vinculados coa pesca e co medio ambiente existentes nunha pequena vila mariñeira do Concello de A Laracha: Caión. 




 O G.A.C. de Ría de Vigo  - A Guarda, financiou baixo Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, o proxecto dun sistema de prensado no autocargador de algas. Esta Boa Práctica, tiña por obxectivo, reducir o tempo de traballo na recollida de algas que se metían nos bancos de ameixa da Confraría de Vilaboa para evitar a súa mortandade. O proxecto da Confraría de Vilaboa, tamén buscaba diminuir o número de viaxes do tractor remolque, co consecuente reducción de enerxía e custes en combustible, a recollida dun maior cantidade de algas, eliminando a maior parte de auga que conteñen, isto se realizou a través de melloras no autocargador do remolque, onde se mellorou o sistema de recollida das algas da área, e se lle incorporou outro sistema de prensado, co obxecto de reducir a carga de auga das algas o mínimo posible, co novo sistema redúcise para mesma extensión de algas, o número de viaxes realizados, esta máquina cun custe aproximado de 120.000€, podería servir para outras zonas, onde a saturación de algas impide o desenvolvemento normal dos bancos de ameixa, berberecho...










Dende o G.A.C. Seo de Fisterra - Rías de Muros -Noia, presentaron como Boa Práctica o Club de Turismo Mariñeiro Mar Galaica. Esta iniciativa do Grupo de Acción Costeira (G.A.C) financiada polo Eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca, parte da Estratexia do G.A.C para o desenvolvemento sostible do seu territorio en base a un Turismo Mariñeiro Sostible, e como actividade complementaria a actividade pesqueira e marisqueira do sector e actividade, valorizando o patrimonio das comunidades mariñeiras e dando un servizo de calidade. Entre as accións que se realizaron foi a realización dun standar de calidade "o Standar Fisterrae", captación de socios para o club, clasificación das actividades, formación, promoción e difusión. Na actualidade o Club de Produto Mariñeiro Mar Galaica, estase ampliando o todo ámbito de Galicia.
Mais información: aquí 
 
                      

 A Boa Práctica, presentada dende o Grupo de Acción Costeira "Ría de Pontevedra" foi o proxecto "Enerxi Natur", este proxecto sobre mellora da eficiencia enerxética da Lonxa, o obxectivo foi diminuir o consumo medio anual de 260.000 kWh. a consumos a 200.000kWh en dous anos, repercutindo con iso nunha mellora de rendibilidade de explotación e o medioambiente. Incrementar a eficiencia no uso enerxético nas diferentes actividades do sector pesqueiro artesanal desenvolvidas en terra, para iso procedeuse á implantación de mecanismos, protocolos de traballo e/ou maquinaria con consumos eléctricos menores e traballo máis eficiente. Entre as actividades realizadas, foi a colacación de placas solares, mellora no aillamento da Lonxa, colacando portas bloquea frío, e ventás adaptadas.
  
                              

Dende o GAC 5 Ría de Arousa presentaron un proxecto Boa Práctica da Confraría de Cambaodos, onde se realizou un estudio de viabilidade da comercialización da Vieira, onde constatou a viabilidade de este produto, unha vez realizada a súa evisceración que por normativa é obrigatorio, para elo a Confraría comprou maquinaria, e asociouse con dous socios industrais para creación dunha Sociedade Limitada para a súa comercialización. Este proxecto se creou unha nova  liña de actividade da Confraría como é a comercialización da Vieira.


Para rematar a xornada celebrouse unha mesa redonda, moderada polo xerente do Gac Golfo Ártabro, Federico López Viñas, entre os xerentes dos Grupos de Acción Costeira de Galicia e os asistentes sobre o futuro dos Grupos de Acción Costeira no vindeiro programa do 2014-2020 do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.

Entre as conclusións que se sinalaron pódense destacar as seguintes:

O mantemento do emprego nas actividades mariñeiras e marisqueiras, baixo o marco da sustantibilidade
A creación de emprego a través da diversificación a través do Turismo Mariñeiro.
Unha mayor interacción entre os Centros de investigacións e sector do mar para mellora da actividad e diversificar a actividade das Confrarías.
Seguer coa mellora da comercialización dos produtos do Mar.
Traballar para unha Xestión integral das Zonas Costeiras, e a mellora ambiental das Rías para preservar os seus valores ecolóxicos e naturais, beneficiando ás actividades do marisqueo e pesca artesanal.

A bagaxe dos Grupos de Acción Costeira neste anos é positiva, o sector do mar está a colaborar coa sociedade civil e as administracións locais para a implementación dun programa de desenvolvemento territorial, que vaí máis alá do meramente do sector. O proceso de aprendizaxe, destes anos abre un abánico de posibilidades para proxectos de cooperación entre os G.A.C.´s como pode ser o exemplo de turismo mariñeiro de Mar Galaica. No vindeiro período abrense un mar de oportunidades para as comunidades mariñeiras de Galicia. 










No hay comentarios: