Este martes 11 de decembro, na Aula da Casa do Mar de Sada tivo lugar a Mesa de traballo sobre innovación para o Sector do mar do Golfo Ártabro, o obxectivo desta actividade é por en contacto aos centros de investigación existentes na nosa Comunidade coas Confrarías de Pescadores do noso territorio. A mesa estivo moderada polo Xerente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro", Federico López.
Dende o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Angel Francisco González e Angel Guerra, investigadores do Departamento de Ecobio, presentaron as distintas liñas de investigación que están a realizar actualmente, e presentaron un proxecto de divulgación científica que se vai a realizar no sur de Galicia e que se financiará con Fondos do Fondo Europeo de Pesca.
A Subdirectora da Estación Biolóxica Mariña da Graña, Celia Besteiro, presentou as instalacións e actividades que se realizan en dito centro de investigación, así como os derradeiros proxectos que se están a exectar dende esta estación.
A representante de transferencia tecnolóxica do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), Rosa Fernández, amosou o que estase a facer na plataforma tecnolóxica TECNOPEIXE, e o papel que está a realizar o Cetmar como dinamizador desta plataforma. Nos proxectos que están a realizar na plataforma.
A mesa de traballo rematou cun debate, das posibles liñas de traballos entre estes centros de investigación e as Confrarías de Pescadores.
Dende as Confrarías falaron da necesidade dunha boa depuración das augas e o funcionamento das depuradoras do territorio para mellorar a calidade das augas. E os problemas das grandes infraestructuras como os Portos Exteriores, no cambios de corrientes e cambios na sedimentación de limos en praías, que tiñan gran produtividade e que están afectando a súa produtividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario