Nesta Xornada presentarase oficialmente a Rede Eusumo.
O seu funcionamento, aberto a participación de entidades
públicas e privadas interesadas en promover o desenvolvemento económico e
social, fai que este proxecto poida ter unha especial proxección, tanto a hora
de servir de apoio ás iniciativas emprendedoras, como a hora de aproveitar
eficazmente os recursos postos a súa disposición polas entidades colaboradoras
incrementando o seu impacto e a súa rendibilidade social.
Entre os beneficiarios desta rede están as entidades
colaboradoras que contan cun apoio de primeiro orde para cumprir os seus
obxectivos, os axentes dinamizadores que atoparan nela as ferramentas, os
estímulos e os apoios precisos para desenvolver a súa importante labor de
asesoramento aos emprendedores e, por suposto, as cooperativas e demais empresas
de economía social, así como os emprendedores en xeral, destinatarios últimos
desta iniciativa
Tamen se abordarán temáticas de singular
actualidade relacionadas coas estratexias de creación de emprego nunha contorna
de crise e se prestará unha especial atención ao apoio dos procesos de
comercialización e internacionalización no ámbito cooperativo.
As persoas interesadas en participar
na Xornada, con aforo limitado, cumprimenten o formulario publicado na páxina
web www.cooperamais.org
Así mesmo, poden realizar a inscrición e contactar no número de teléfono 981 957 749 ou no enderezo electrónico xornada1812@eusumo.coop
No hay comentarios:
Publicar un comentario