miércoles, 16 de enero de 2013

CHARLA - COLOQUIO "TURISMO MARIÑEIRO COMO VALOR ENGADIDO AO MARISQUEO" EN SADA



A Concellería de Promoción Económica do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desesenvolvemento Local  organiza unha Charla – coloquio “Turismo Mariñeiro como valor engadido ao marisqueo”, en colaboración con Guimatur, dirixido a todaas persoas participantes no Programa Integrado de Emprego “quero emprego” e  aberto a aquelas persoas interesadas.

Realizarase o vindeiro martes, día 22 de xaneiro, ás 16 h. na sala de conferencias situada na planta baixa da Oficina da Xuventude. Praza da Pescadería, s/n.
A impartirá Dª. Mª José Cacabelos Domínguez, Presidenta de Guimatur, http://www.guimatur.org/

Logo de GuimaturGrupo de visitantesGuimatur é unha Asociación Cultural das mulleres do mar de Cambados que traballa para difundir a cultura mariñeira e os valores tradicionais do traballo no mar. Entre outras actividades, organizan dous rutas, no Concello de Cambados (Pontevedra), nas cales mostran  a súa forma de vida e a rica herencia cultural do pobo mariñeiro galego. Está aberta a todas as mulleres que traballen no sector marítimo-pesqueiro de Cambados (armadoras, mariñeiras…). Nace no ano 2004 a propósito duns cursos de formación subvencionados polos fondos europeos (Plan EQUAL) e celebrados no Concello  de Cambados en estreita colaboración coa Confraría de Pescadores “San Antonio” de Cambados.
Si é do seu interese, confirmar a túa asistencia enviando un correo a aedl@concellodesada.com, indicando nome e apelidos e teléfono, o chamando ao teléfono 881.929.050

No hay comentarios: