lunes, 28 de enero de 2013

EXPOSICIÓN "DESCUBRE AS COOPERATIVAS" EN ORDES

Desde a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, no marco da Rede Eusumo, temos programada a instalación dunha exposición titulada "Descubre a cooperativas" na localidade de Ordes, no museo do Traxe Juanjo Linares, situado na Rúa da Feira, Nº5, na semana do 29 de xaneiro ao 3 febreiro. Esta exposición ten como finalidade presentar as posibilidades da fórmula cooperativa para a xeración de riqueza e emprego.


Por outra banda o vindeiro 30 de xaneiro, no auditorio da Casa da Cultura de Ordes, situado na Rúa General Mola, nº31, terá lugar a Xornada "As cooperativas, unha opción de emprendemento", dirixida especialmente a persoas desempregadas, emprendedoras, institucións públicas e privadas e calquera persoa interesada en xeral.


No hay comentarios: