lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS 2015: HUMIDAIS PARA O NOSO FUTURO




O 2 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial dos Humidais, que conmemora a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais, o 2 de febreiro de 1971.
A misión da Convención é "a conservación e o uso racional das zonas húmidas mediante acción locais e nacionais e, grazas á cooperación internacional, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo".
As zonas húmidas están entre os ecosistemas máis diversos e produtivos, proporcionan servizos esenciais e subministran toda a nosa auga potable. Non obstante, continúa a súa degradación e conversión para outros usos. Máis do 64 % de todos os humidais da Terra foron destruídos desde o ano 1.900 ata hoxe, e os organismos de auga doce inclúen algúns dos grupos de seres vivos máis ameazados de extinción.

Por este motivo, desde 1997, organismos oficiais, organizacións non gobernamentais e grupos de cidadán, teñen aproveitado esta data como a oportunidade para realizar actos e actividades encamiñadas a aumentar a sensibilización do público en xeral acerca dos valores das zonas húmidas e os beneficios que reportan en xeral. O lema deste ano é:
Humidais para o noso futuro – ¡Únete a nós!

2015 busca alentar á mocidade a que teñan un contacto directo coas zonas húmidas, e a organización Ramsar organiza un concurso fotográfico para xente nova, entre 15 e 24 anos, de todo o mundo. Pódense enviar fotografías de zonas húmidas entre o 2 de febreiro e o 2 de marzo de 2015, para ter a oportunidade de gañar unha viaxe de balde a unha zona húmida en calquera lugar do mundo.

Ademáis, como en anos anteriores, o CEIDA pon á súa disposición os fondos existentes no seu Centro de Documentación Ambiental, así como os seus servizos de préstamo e consulta, e que pode consultar a través da seguinte ligazón:

No hay comentarios: