A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre un novo proceso de RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA LABORAL, para a obtención de CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE.
Entre outras especialidades, inclúense 70 prazas para o recoñecemento de competencias na cualificación profesional Confección e mantemento de artes e aparellos. O prazo de presentación de solicitudes nesta especialidade remata o 10 de febrero de 2016.
A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:
a) No Instituto Galego das Cualificacións.
b) Nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
d) Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
+ INFO: http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-…
NOTA: Se non cumples os requisitos mínimos para participar no
procedemento de recoñecemento da experiencia profesional e che interesa o
certificado, o Centro de Formación A Aixola ofrece a formación que da
acceso ao mesmo: consulta os contidos, requisitos de acceso e sistema de
inscripción na súa web: http://aixola.cetmar.org/seccion-redes/
ORDE
do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do
procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a
través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en
determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de
cualificacións profesionais
…
traballo.xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario