sábado, 25 de agosto de 2012

Rutas en Barco pola Ría do Eume
































O Concello de Cabanas realiza unha Ruta en barco pola fermosa Ría do Eume. Ao longo desta ruta, poderase observar a actividade dos Mariscadores a frote, que recollen ameixas, berberechos e outros molúscos.








A paisaxe desta ría, está marcada polas súas beiras onde as fermosas garzas reais, parrulos, garcetas, alimentanse nos seus rico lecho.















As cuadernas de antigas embarcacións de madeira deixan no recordo un medio que foi utilizado para o transporte de mercadorías.















Tamén poderase observar nas beiras antigas parras onde se producía un bo viño da zona. Remontando entramos no Parque Natural das Fragas do Eume, baluarte do bosque atlántico galego, onde Fieitos do Terciario, Carballos centenarios invitanos a disfrutar da Natureza.















A Ruta chega ata o centro de atención de vistantes do Parque e volta pola outra beira da ría. Unha ruta que non esquecerá. Para reserva praza chamar o nº650 484 540 de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas, ou na Oficina de Turismo do Concello de Cabanas.


Este proxecto foi impulsado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" e financiado polo Fondo Europeo de Pesca ó 75%, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e Consellería de Medio Rural e do Mar. Europa inverte na Pesca Sustentable
A embarcación "Anduriño" foi cedida pola Dirección Xerral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Rural e do Mar e construída na escola taller "Aixola" de Marín.



Unha vez rematada esta ruta podese acercar a o segundo aparcadoiro do Parque Natural das Fragas do Eume e realizar un percorrido en Bicicleta Electríca polas fragas ata o Mosteiro de Caveiro e percorrer o camiño da ría ata Pontedeume, cun fermoso casco antigo e porto pesqueiro e Cabanas, cunha bonita praia, e con bos restaurantes onde degustará os rico marisco da Ría do Eume, recollido polos Maríscadores da Confraría Virxe do Carmen de Pontedeume.
A empresa Tour - E Bike aluga a uns prezos asequibles estas bicis para disfrutar desta paraxe Natural e da súa Ría.
Tamén este proxecto foi este proxecto foi impulsado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" e financiado polo Fondo Europeo de Pesca ó 75%, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e Consellería de Medio Rural e do Mar. Europa inverte na Pesca Sustentable


viernes, 13 de julio de 2012

FESTAS DO CARMEN NO GOLFO ÁRTABRO






















As Festas do Carmen, no territorio do GAC Golfo Ártabro están moi arraigadas e teñen unha gran asistencia de público. As Confrarías de pescadores organizan e colaboran nesta importante festa da súa patroa, na que hay procesións marítimas. Achegate a elas.


jueves, 5 de julio de 2012

Fishernet: un proxecto europeo para conservar o patrimonio pesqueiro


6 de xullo de 2012
Salón de Actos do Concello Carnota
10:00 -13:00
Fishernet é un proxecto aprobado en agosto de 2008 no marco do Programa Cultura da Unión Europea, que pretende conservar, divulgar e poñer en valor o patrimonio cultural das comunidades pesqueiras.
O programa agrupa as comunidades pesqueiras galegas de Muros, Lira e O Pindo, representadas polas súas confrarías de pescadores, e comunidades pesqueiras de Islandia, Noruega, Escocia, Chipre e Bulgaria.
A representación de Galicia complétase coa participación como socios do proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Programa

miércoles, 4 de julio de 2012

Seminario do CEIDA "Os Espazos Naturais Protexidos como Oportunidade para o Desenvolvemento Rural"


Os vindeiros días, 19 e 20 de xullo de 2012, o CEIDA organiza o Seminario "Os Espazos Naturais Protexidos como Oportunidade para o Desenvolvemento Rural", que
pretende dar a coñecer como o desenvolvemento rural sostible é posible nos espazos naturais protexidos e incluso pode ser favorecido pola creación dos mesmos, mostrando experiencias exitosas de actividades socioeconómicas que compatibilizan a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento económico en todo o territorio español.
  • Datas: 19 e 20 de xullo de 2012
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz, Oleiros
  • Organiza: CEIDA

Obxectivos
Este seminario pretende dar a coñecer como o desenvolvemento rural sostible é posible nos espazos naturais protexidos e incluso pode ser favorecido pola creación dos mesmos, mostrando experiencias exitosas de actividades socioeconómicas que compatibilizan a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento económico do territorio.

Destinatarios
O seminario vai dirixido aos diferentes sectores implicados no desenvolvemento rural: líderes locais, técnicos e cargos electos, sector primario, turismo, poboación local, universitarios e outros públicos interesados.

Matrícula
20 € - Público xeral
10 € - Estudantes e parados
Prazas limitadas

Descargar programa

Formulario de inscrición

lunes, 25 de junio de 2012

Seminario "Turismo pesqueiro: Novas oportunidades" da Fundación Paideia

Fundación Paideia informa que o vindeiro venres 6 de xullo dará comezo en Muros (A Coruña) o Seminario baixo o título "Turismo pesqueiro: Novas oportunidades" (xunto programa). Este seminario, de 20 horas de duración, dividirase a partes iguais entre formación teórica e práctica, incluindo a visita a tres experiencias de turismo pesqueiro postas en marcha polas Confradías de pescadores de Muros, Portosín e Lira.

Este seminario realizase dentro do proxecto Áncora financiado pola Fundación Biodiversidade, que busca novos nichos de emprego para o litoral.

A todos/as aqueles/as interesados/as en participar, confirmen a súa asistencia antes do 5 de xullo a través do envío da Solicitude de participación (ben por e-mail: oscar.blanco@paideia.es ou ben por fax: 981 817 001).


Máis info premendo en: Web DELOA / ÁNCORA Facebook

miércoles, 20 de junio de 2012

Xornada de debate "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera"


Xornada de debate "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera"

  • Datas: 22 de xuño, 28 de xuño
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz, Oleiros
  • Colabora: Fundación Biodiversidad
  • Organiza: CEIDA

Obxectivos
- Posta en valor de actividades socioeconómicas que compatibilicen a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento das súas actividades.
- Creación de sinerxias de colaboración e intercambio entre os axentes sociais mais dinámicos implicados no desenvolvemento rural.

Destinatarios
Todos os sectores implicados no desenvolvemento rural, líderes locais, autoridades, sector primario, turismo, poboación local, e público xeral.

Sesións
- Venres, 22 de xuño. Actividades socioeconómicas vinculadas ao medio mariño e litoral.
- Xoves, 28 de xuño. Actividades socioeconómicas vinculadas a zonas rurais de interior.

Descargar programa

Inscrición
A inscrición é gratuíta, e poderá realizarse para a sesión do venres 22, do xoves 28, ou ben para ambas. As prazas son limitadas.

Se estás interesado en asistir deberás cubrir o seguinte formulario.

viernes, 15 de junio de 2012

XORNADA "ESTRATEXÍAS TURÍSTICAS NO GOLFO ÁRTABRO"

A Xornada do GAC Golfo Ártabro "Estratexías Turísticas no Golfo Ártabro" que terá lugar o vindeiro 21 de Xuño, Xoves, Ás 17:00 no Salón de Plenos do Concello de Sada,(Antiga Axundantía de Mariña de Sada).

O Golfo Ártabro contén destacados valores e recursos naturais que deben ser conservados e explotado sostiblemente para asegurar a continuidade das actividades ligadas ao mar e ao litoral.

Esta xornada servirá para dar a coñecer diferentes estratexias e actividades turísticas ligadas ao mar e ao medio mariño, así como as oportunidades e os retos que se presentan para o sector turístico nos concellos que comprenden o Golfo Ártabro. Como turísmo Mariñeiro, Gastrónómico e Nautico.


Unha vez rematada a xornada terá lugar unha degustación de produtos do mar e do territorio.
Díptico da xornada facer click aquí

Pode confirmar a asistencia enviado un correo electrónico a:
gacgolfoartabro@gmail.com