miércoles, 18 de marzo de 2015
lunes, 9 de marzo de 2015
Roteiro guiado pola Costa de Dexo - Serantes Xoves 12 -Sabado 21 e Xoves 26 de Marzo, que quedan poucas prazas apuntarvos!!!!
O Concello de Oleiros, co apoio técnico do CEIDA e a financiación do GAC
Golfo Ártabro a través do Eixo 4.1 de Desenvolvemento das Zonas de Pesca do Fondo Europeo de Pesca, Magrama e a Consellería de Medio Rural e do Mar, acaba de abrir tres novas convocatorias para a
realización de roteiros polo Monumento Natural Costa Dexo-Serantes
abertos a todos os públicos. As citas serán o xoves 12, sábado 21
(prazas esgotadas!) ou xoves 26 de marzo, en horario de 11 a 14 h., e
incluirá ademáis unha visita á Aula do Mar dos Faros de Mera. As prazas
son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa no seguinte FORMULARIO
Europa inviste na Pesca Sustentable
.
miércoles, 18 de febrero de 2015
Roteiro guiado pola Costa de Dexo: Sabado 21 de febreiro 2014
O
Concello de Oleiros, co apoio técnico do CEIDA, acaba de abrir unha nova convocatoria para a realización
dun roteiro polo Monumento Natural Costa Dexo-Serantes aberto a todos os
públicos. A cita é o sábado 21 de febreiro en horario de 11 a 14 h., e
incluirá ademáis unha visita á Aula do Mar dos Faros de Mera. As prazas
son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa no seguinte FORMULARIO
Está actividade está financiada polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" a través do Fondos Europeo de Pesca, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e a Consellería de Medio Rural e do Mar.
domingo, 8 de febrero de 2015
Proxectos financiados polo Plan Estratéxico Zonal do GAC Golfo Ártabro: PROXECTO XANELA AO MAR I
O proxecto Xanela ao Mar é un proxecto subvencionado polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" con fondo do Eixo 4.1 de Desenvolvemento das Zonas de Pesca do Fondo Europeo de Pesca 75%, do Ministerio Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Consellería de Medio Rural e do Mar.
Adecuación dun local Municipal para albergar as instalacións
necesarias para a práctica de deporte náutico de piragüismo, accesible a
todas persoas, incluído aquelas con problemas de movilidade. Esta
adecuación inclúe a accesibilidade total, a vestiarios, duchas, baños e
entrada ao local, para que podan practicar este deporte con
limitaciones de mobilidade.
Principales obxectivos do proxecto:
Promover
prácticas deportivas saludables e sostibles, a través do piragüismo, facer accesible este deporte a persoas con movilidade reducida, promover
actividades lúdicos deportiva que atraigan turismo sostenible.
Principales actividades del proyecto:
Una
vez realizadas las obras de adecuación de local, se realizaran
actividades de formación en piraguismo, cursos, competiciones, etc.
Resultados concretos previstos:
Aumentar o nº de cursos e o nº de persoas que realizan actividades, o
coñecemento por empresas do sector turístico para dar unha oferta
complementaria ao aloxamento.
Prioridades e obxectivos do Plan Estratéxico do Grupo ás que responde o proxecto:
Promoción económica e Fomento de igualdade de oportunidades
Eixe temático do Proxecto:
Turismo (incluida a pesca-turismo, turismo marinero, etc.) patrimonio, cultura e deportes.
Novos servizos (prestación de servicios non disponibles no ámbito territorial do grupo).
Prioridades do Plan Estratégico Nacional do Fondo Europeo da Pesca ás que responde o proxecto:
Manter a prosperidade económica e social das áreas e revalorizar os productos da pesca e a acuicultura.
Estratexias do Plan Estratéxico Nacional do Fondo Europeo da Pesca ás que responde o proxecto:
Promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Desarrollo de infraestructuras para un turismo sostenible relacionado con el sector.
Data de 29/10/2010 de resolución.
Presuposto final executado no proxecto:
48.710,00€
% sobre presuposto aprobado:
59,26%
Subvención total executada no proxecto:
33.433,40€
% sobre subvención aprobada:
88,93%
Difusión e publicidade. Número total de accións:
3
Descripción accións:
Publicación na páxina Web do Concello de Cambre
Publicación en paneles informativos electrónico distribuidos no concello.
Presentación medios comunicación escrita (Periódicos)
jueves, 5 de febrero de 2015
OBRADOIRO EMPRESA E BIODIVERSIDADE 12 febreiro, xoves Castelo Santa Cruz, Líans Oleiros Fundación Global Nature en colaboración co CEIDA
A Fundación Global Nature, en colaboración
co CEIDA e a Fundación Biodiversidad, organizan o vindeiro xoves, 12 de
febreiro, o Obradoiro Empresa e Biodiversidade: "Compatibilización da actividade
portuaria e empresarial no territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas
e Terras do Mandeo", co
obxectivo de debater a integración da actividade portuaria nun entorno sensible
como é a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, plantexar
futuras liñas de acción sostibles para dita Reserva e tratar medidas de
conservación da biodiversidade na área de influencia do porto da Coruña. A
actividade é de balde.
Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/obradoiro-empresa-biodiversidade.html
Pode seguir as actividades do CEIDA e outras novas de
interese a través das redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/ceida.educacion.ambiental
Twitter: https://twitter.com/ceida_galicia
Facebook: https://www.facebook.com/ceida.educacion.ambiental
Twitter: https://twitter.com/ceida_galicia
lunes, 2 de febrero de 2015
DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS 2015: HUMIDAIS PARA O NOSO FUTURO
O 2 de
febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial dos Humidais, que conmemora
a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais, o 2 de febreiro de
1971.
A misión da
Convención é "a conservación e o uso racional das zonas húmidas mediante
acción locais e nacionais e, grazas á cooperación internacional, como
contribución ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo".
As zonas
húmidas están entre os ecosistemas máis diversos e produtivos, proporcionan
servizos esenciais e subministran toda a nosa auga potable. Non obstante,
continúa a súa degradación e conversión para outros usos. Máis do 64 % de
todos os humidais da Terra foron destruídos desde o ano 1.900 ata hoxe, e os organismos
de auga doce inclúen algúns dos grupos de seres vivos máis ameazados de
extinción.
Por este motivo, desde 1997, organismos oficiais, organizacións non gobernamentais e grupos de cidadán, teñen aproveitado esta data como a oportunidade para realizar actos e actividades encamiñadas a aumentar a sensibilización do público en xeral acerca dos valores das zonas húmidas e os beneficios que reportan en xeral. O lema deste ano é:
Humidais para
o noso futuro – ¡Únete a nós!
2015 busca
alentar á mocidade a que teñan un contacto directo coas zonas húmidas, e a
organización Ramsar organiza un concurso fotográfico para xente nova,
entre 15 e 24 anos, de todo o mundo. Pódense enviar fotografías de zonas
húmidas entre o 2 de febreiro e o 2 de marzo de 2015, para ter a oportunidade
de gañar unha viaxe de balde a unha zona húmida en calquera lugar do mundo.
Máis
información: http://www.worldwetlandsday.org/es/photo-contest
Ademáis, como
en anos anteriores, o CEIDA pon á súa disposición os fondos existentes no seu
Centro de Documentación Ambiental, así como os seus servizos de préstamo e
consulta, e que pode consultar a través da seguinte ligazón:
miércoles, 28 de enero de 2015
Axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros
ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca, e se convocan para o exercicio 2015, tramitada como anticipada de gasto.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva das actividades de pesca de buques pesqueiros, de conformidade co disposto no artigo 23 do Regulamento
(CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2015.
MÁIS INFORMACIÓN
DATA PARA SOLICITAR AS AXUDAS
LÍMITE 23 DE FEBREIRO 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



