miércoles, 21 de enero de 2015

ROTEIROS GUIADOS POLA COSTA DE DEXO: SÁBADO 31 DE XANEIRO E XOVES 12 DE FEBREIRO 2015



ROTEIROS GUIADOS POLA COSTA DE DEXO

O Concello de Oleiros, co apoio técnico do CEIDA e a coloboración do GAC Golfo Ártabro, acaba de abrir dúas novas convocatorias para os Roteiros Guiados polo Monumento Natural Costa Dexo-Serantes dirixido a todos os públicos de forma totalmente gratuita. As citas son os vindeiros sábado 31 de xaneiro, e xoves 12 de febreiro, en horario de mañá de 11 a 14 h., e incluirá ademáis unha visita guiada á Aula do Mar dos Faros de Mera, Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural.
As prazas son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa en:
rebeca.vazquez@ceida.org (indicando o nome e apelidos da persoa ou persoas que desexan participar, a data -31 de xaneiro ou 12 de febreiro-,  idade, teléfono e correo electrónico).

Lembrámoslle que pode seguir todas as nosas actividades e outras novas de interese a través das nosas redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/ceida.educacion.ambiental
Twitter:  https://twitter.com/ceida_galicia

Proxecto subvencionado polo Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, a través do Eixo 4.1 do Fondo Europeo da Pesca do Fondo Europeo de Pesca (75%) e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e Consellería de Medio Rural e do Mar (25%). Europa inviste na pesca sustentable. 



No hay comentarios: