martes, 27 de enero de 2015
AXUDAS DE CARÁCTER SOCIOECONÓMICO: A finalidade das axudas reguladas nesta orde é a de establecer medidas de acompañamento para os traballadores afectados polos axustes da frota pesqueira, que axuden a paliar os efectos da dita reestruturación e apoien a reconversión destes traballadores.
ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP) e se establece a súa convocatoria para o ano 2015, tramitada como anticipada de gasto.
A) Primas por reconversión.
1. Parcial: diversificación de actividades: esta medida ten como obxecto o apoio ás
actividades dos pescadores fóra do sector pesqueiro, permitíndolles que sigan pescando
a tempo parcial, sempre que con isto se contribúa a reducir o seu esforzo pesqueiro. O
proxecto de reconversión parcial deberá supoñer polo menos o 35 % da actividade dos
solicitantes.
2. Total: esta medida ten como obxecto o apoio á reconversión profesional dos pescadores
en actividades profesionais a tempo completo nun sector distinto ao da pesca marítima.
B) Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.
Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen
a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo
pesqueiro.
C) Prima pola compra do primeiro barco.
Esta medida ten a finalidade de facilitar o acceso á propiedade, parcial ou total, dun
barco aos profesionais do sector que nunca tiveron un en propiedade.
DATA PARA SOLICITAR AS AXUDAS
LÍMITE 23 DE FEBREIRO 2015
MAIS INFORMACIÓN
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario