jueves, 30 de junio de 2016

A RESERVA DA BIOSFERA MCeTM: O SEU POTENCIAL TURÍSTICO




 Co fin de poñer de manifesto o potencial turístico da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o vindeiro 14 de xullo terá lugar na nosa sede unha xornada formativa que dará a coñecer os valores naturais, culturais e patrimoniais deste territorio. A actividade, organizada polo CEIDA, a Reserva da Biosfera MCeTM e a Área de Turismo da Deputación da Coruña, está dirixida a responsables políticos e técnicos ambientais; axentes e técnicos vinculados ao sector turístico; persoal técnico dos grupos de desenvolvemento rural, Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e outras entidades locais; guías ou profesionais do turismo; educadores ambientais, naturalistas, biólogos; e público xeral interesado.
A entrada é de balde e as prazas son limitadas.
Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/reserva-da-biosfera-marinas-corunesas-terras-do-mandeo-seu-potencial-turistico.html

No hay comentarios: