Os colectivos RetoqueRetro
& Marde Fábula teñen o pracer de lle invitar á inauguración da exposición
que terá lugar o próximo venres día 1º de xullo, ás 2030 horas, na instalacións
do Ceida, no Castelo de Santa Cruz, Oleiros. A mostra estará aberta todo o mes.
Esta exposición é unha
proposta de diálogo a tres bandas entre un mar que reclama a atención da
sociedade actual devolvéndolle arreo aquelo que non é seu, e dous colectivos
artísticos diferentes e ao tempo complementarios que, respondendo á súa
chamada, integran nas súas obras, nunha íntima e paciente tarefa, as crebas e o
lixo mariño que retiran da ribeira.
O equipo artístico de
RetoqueRetro, seguindo a ancestral tradición galega de recoller tesouros procedentes
de naufraxios e lugares lonxanos que o mar deposita nas praias, fan das crebas
a sua peza estrela. Madeiras preesculpidas polas mareas e a intemperie e que
eles rematan dándolles a forma que lles suxiren: barcos e peixes, faros e
sereas, bosques e dragóns, seres mitolóxicos, zooides e humanoides......
Mar de Fábula fai do lixo
mariño o alicerce da súa obra: Animais fantásticos de todas as formas e
tamaños, con vísceras circulares e grandes ollos abraiados. Peixes, vermes,
libeliñas, arañas e formigas, criaturas caóticas, mounstruosas pero
inofensivas, xurdindo dos fondos abisais e sumidas no desconcerto porque saben
que, en circunstancias normais, non deberan de existir porque todas teñen os
seus corpos de plástico.
Esta exposición é tamén unha
proposta conxunta de concienciación ambiental e fonte de inspiración que debera
levarnos a un necesario replantexamento de relacións entre a sociedade actual e
o mar. Toda a obra incorpora os residuos que o mar nos devolve con maior
intensidade: O lixo – principalmente os plásticos- procedentes da desontrolada
actividade humana. O lixo que se atopa nas praias é soamente a punta do iceberg
da que seguramente sexa a meirande problemática ambiental que os humanos, os
causantes, no queremos mirar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario