A partir do 5 de setembro de
2016, o Centro de Formación A Aixola iniciará a impartición do curso de “Confección e Mantemento de artes e Aparellos” que da acceso ao certificado de profesionalidade correspondente.
O Servizo Público de Emprego de
Galiza realizará
a pre-selección de candidatos para o curso, que participarán nas probas de
selección realizadas no Centro de Formación A Aixola.
Os interesados para participar no proceso de selección de alumnos,
deberán notificar á súa oficina de Emprego o seu interese en realizar o
curso “Confección e Mantemento de artes e Aparellos”, código de especialidade
MAPN0108. Só poderán participar no
proceso de selección as persoas que cumplan algún dos requisitos.
REQUISITOS DE ACCESO AOS CURSOS:
Para acceder
á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade do
nivel de cualificación profesional 2, as persoas aspirantes deberán cumprir algún
dos requisitos seguintes:
·
Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación
secundaria obrigatoria.
·
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo
nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a
que desexa acceder
·
Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1
da mesma familia e área profesional
·
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de
grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas
polas administracións educativas.
·
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25
anos ou 45 anos.
·
Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para
acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación
correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias
clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.
Estarán exentas da
realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva
accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro
de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.
Achegamos
o cartel informativo da actividade, para a súa difusión se o considera de interese.
Pode encontrar información adicional na web (http://aixola.cetmar.org) , ou poñéndose en contacto connosco.
Pode encontrar información adicional na web (http://aixola.cetmar.org) , ou poñéndose en contacto connosco.
Centro de Formación A Aixola
La posible información que pudiera contener este correo, relacionada con
datos de carácter personal, se encuentra protegida en los términos exigidos por
la LOPD 15/99, que compromete a no utilizar estos datos para fines que no sean
los estrictamente necesarios para la realización de su cometido, añadiendo
además la absoluta confidencialidad y exclusividad, quedando prohibida a
cualquier persona su revelación, copia, distribución o el ejercicio de
cualquier acción relativa a su contenido.
CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
Puerto Pesqueiro, s/n – E36900 MARÍN
(Pontevedra)
Tel. +34 986 838
033 http://aixola.cetmar.org
Síguenos en
facebook: https://www.facebook.com/Aixola
Twitter: https://twitter.com/AixolaCF
No hay comentarios:
Publicar un comentario