lunes, 29 de septiembre de 2008

CELEBRACIÓN DA ASEMBLEA CONSTITUCIONAL DO G.A.C. "GOLFO ÁRTABRO"

O venres día 3 de outubro de 2008; ás 19:30 horas na Casa da Cultura Pintor LLoréns (concello de Sada), celebrarase a asemblea constitucional do G.A.C. "Golfo Ártabro".
A dita reunión poderán asistir representantes de todas as asociacións dos 15 concellos que forman o Grupo de Acción Costeira (Ares, Arteixo, Bergondo, Cabanas, Cambre, Culleredo, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Paderne, Pontedeume e Sada).
A data límite, para que todas as asociacións interesadas envien o modelo de adhesión ó Grupo, será ó momento de inicio da Asemblea Constituínte.
O modelo de adhesión pódese baixar dende este blog pinchando no link correspondente, e deberase remitir a calquera das oficinas de desenvolvemento rural que están a traballar na redacción do documento, estas son: Terra das Mariñas e Fundación Comarcal de Betanzos.

REUNIÓN DA COMISIÓN XESTORA DO GOLFO ÁRTABRO CELEBRADA O DÍA 20 DE AGOSTO DE 2008


O día 20 de agosto ás 11:30 horas, celebrouse, na Casa da Cultura de Sada "Pintor LLoréns", unha reunión da Comisión Xestora do Golfo Ártabro. A ela asistiron un total de 15 representantes de distintas Cofradías do territorio e da Administración Local, así como un representante da Asociación de Artesáns do Eume e catro técnicos dos G.A.L. "Terra das Mariñas", "Euroeume" e "Fundación Comarcal de Betanzos".
Nesta reunión aprobáronse as actas das reunións celebradas con anterioredade de forma unánime.
Presentouse ós membros da Comisión Xestora o tríptico elaborado para a difusión do programa.
Tamén se acordou que cada Grupo de Desenvolvemento Rural se encargue da difusión, entre os colectivos do seu territorio, de toda a información e documentación precisa para formar parte do novo Grupo.
Os técnicos dos distintos G.A.L. do territorio empezarán a traballar no borrador do Plan Estratéxico Zonal que, de ser posible, presentarase o mesmo día da constitución do Grupo (venres 3 de outubro de 2008).
Para a elaboración de dito documento celebraranse unha serie de reunións con cada unha das cofradías onde se propoñeran proxectos e problemas que se poidan afrontar cós fondos xestionados polo G.A.C.
En relación có borrador de estatutos, o equipo redactor deberá estudar as propostas recollidas para darlle forma defiunitiva ó documento.
Feitas as modificacións correspondentes, o borrador quedou aprobado pola Comisión Xestora que se presentará na Asemblea Xeral de constitución. Este borrador enviarase ó CETMAR para que o validen.
Nesta reunión, o concelleiro de cultura de Sada, D. José Garrote, ofrece unha das prantas da Casa do Mar como sede do novo Grupo. Os asistentes á reunión mostraron o seu agrado ante este ofrecemento e a resolución definitiva de cara a ubicación do Grupo queda condicionada a que o concello de Sada cfaga efectiva a concesión de dito local.

REUNIÓN DA COMISIÓN XESTORA DO GOLFO ÁRTABRO CELEBRADA O DÍA 30 DE XULLO DE 2008

O día 30 de xullo ás 12:30 horas, reuniuse na Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada; a Comisión xestora do G.A.C.
Á reunión asistirón 16 persoas en representación de distintas Cofradías e da Administración Local e representantes sen voto das Asociacións Terra das Mariñas, Euroeume e Fundacíón Comarcal de Betanzos.
Por parte de D. Jose Garrote (concelleiro de Turismo de Sada) proponse que cada membro da Comisión Xestora analice o modelo de estatutos inicialmente proposto e que, posteriormente, se envien as propostas ó equipo redactor. Este equipo será o encargado de dar forma ó novo modelo que deberá ser aprobodo pola Comisión Xestora nunha futura asemblea. A canle comunicativa para o intercambio destes documentos será o correo electrónico, para aquelas asociacións que non dispoñan do mesmo empregarase o libro da Guía da candidatura.
Acordase a elaboración dunha carta de invitación por parte do equipo técnico, que unha vez aprobada pola Comisión Xestora será enviada a cada concello do G.A.C.
A difusión do programa levarase a cabo polas administracións locais dentro do seu ámbito territorial.
Por parte da patrona maior da Cofradía de Mugardos, solicitase que se teña en conta o calendario de mareas á hora de fixar as futuras reunións; ó fin é que a asistencia ás mesmas non supoña un perxuizo económico ós representantes das cofradías. en base a isto son as cofradías quenes propoñen a data para a vindeira reunión.

A próxima reunión terá lugar o mércores día 20 de agosto ás 11:00 horas na Aula da Cultura de Sada e unha presentación da campaña ante os medios ás 12:30 horas.

REUNIÓN DA COMISIÓN XESTORA DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA "GOLFO ÁRTABRO" CELEBRADA O 18 DE XULLO DE 2008


O 18 de xullo de 2008, ás 18:30 horas, reuniuse a Comisión Xestora do G.A.C. "Golfo Ártabro" na Casa da Cultura Pintor LLoréns (concello de Sada).
A dita reunión asistiron un total de 22 persoas en representación de distintas Cofradías de Pescadores, Clubs Deportivos, Asociacións de Artesáns e da Administración pública, así como os técnicos encargados da redacción do documento-candidatura.
D. José Garrote deu a benvida a todos os asistentes e ofreceu ó concello de Sada para ser a sede do G.A.C. Tras esta presentación, D. Jorge Blanco (xerente do G.A.L. "Terra das Mariñas"), explicou mediante a proxección de diapositivas, qué son cómo funcionarán os novos Grupos de Acción Costeira.
A formación da Comisión Xestora foi un dos acordos establecidos na asemblea, de tal xeito que queda constiuída por:
1.- Andrés Boutureira (Patrón maior da Cofradía de Sada)
2.- Mª Josefa Crespo Fraga (Patrona maior da Cofradía de Miño)
3.- Manuel Bañobre Durán (Patrón maior da Cofradía de Barallobre)
4.- Teresa Carnero Blanco (Patrona maior da Cofradía de Mugardos)
5.- Mª Jesús Lopez Iglesias (Patrona maior da Cofradía de Eume)
6.- Daniel Fernández Ríos (Patrón maior da Cofradía de Lorbé)
7.- Cesar Longo Queijo (Alcalde de Paderne)
8.- Julio Ignacio Iglesias Redondo (Alcalde Ares)
9.- Gabriel Torrente Piñeiro (Alcalde de Pontedeume)
10.- Jose Garrote Martín (Concelleiro de Turismo do concello de Sada)
11.- Representante do Grupo de Acción Local "Terra das Mariñas"
12.- representante do Grupo de Acción Local "Euroeume"
13.- Representante do Grupo de Acción Local " Costa Ártabra"
14.- Representante do Grupo de Acción Local "Fundacíon Comarcal de Betanzos"

Esta Comisión establecerá unhas liñas de actuación de cara a constitución da asociación.

Por acordo de todos os asistentes, quedou fixada a data da próxima reunión para o mércores 30 de xullo ás 12:00 horas na Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada.