miércoles, 28 de enero de 2015

Axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros


ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca, e se convocan para o exercicio 2015, tramitada como anticipada de gasto.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva das actividades de pesca de buques pesqueiros, de conformidade co disposto no artigo 23 do Regulamento
(CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2015.


MÁIS INFORMACIÓN 

DATA PARA SOLICITAR AS AXUDAS 
LÍMITE 23 DE FEBREIRO 2015  

martes, 27 de enero de 2015

Axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.

ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca, e se convocan para o exercicio 2015, tramitada como anticipada de gasto.

DATA PARA SOLICITAR AS AXUDAS 
LÍMITE 23 DE FEBREIRO 2015
MÁIS INFORMACIÓN

AXUDAS DE CARÁCTER SOCIOECONÓMICO: A finalidade das axudas reguladas nesta orde é a de establecer medidas de acompañamento para os traballadores afectados polos axustes da frota pesqueira, que axuden a paliar os efectos da dita reestruturación e apoien a reconversión destes traballadores.



 ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP) e se establece a súa convocatoria para o ano 2015, tramitada como anticipada de gasto.

 A) Primas por reconversión.
1. Parcial: diversificación de actividades: esta medida ten como obxecto o apoio ás
actividades dos pescadores fóra do sector pesqueiro, permitíndolles que sigan pescando
a tempo parcial, sempre que con isto se contribúa a reducir o seu esforzo pesqueiro. O
proxecto de reconversión parcial deberá supoñer polo menos o 35 % da actividade dos
solicitantes.
2. Total: esta medida ten como obxecto o apoio á reconversión profesional dos pescadores
en actividades profesionais a tempo completo nun sector distinto ao da pesca marítima.
B) Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.
Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen
a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo
pesqueiro.

 C) Prima pola compra do primeiro barco.
Esta medida ten a finalidade de facilitar o acceso á propiedade, parcial ou total, dun
barco aos profesionais do sector que nunca tiveron un en propiedade.

DATA PARA SOLICITAR AS AXUDAS 
LÍMITE 23 DE FEBREIRO 2015

 MAIS INFORMACIÓN

domingo, 25 de enero de 2015

Costa do Golfo Ártabro


sábado, 24 de enero de 2015

viernes, 23 de enero de 2015

jueves, 22 de enero de 2015

miércoles, 21 de enero de 2015

Fauna do Gac Golfo Ártabro: Ría do Eume. O descanso dos Cormoráns


ROTEIROS GUIADOS POLA COSTA DE DEXO: SÁBADO 31 DE XANEIRO E XOVES 12 DE FEBREIRO 2015



ROTEIROS GUIADOS POLA COSTA DE DEXO

O Concello de Oleiros, co apoio técnico do CEIDA e a coloboración do GAC Golfo Ártabro, acaba de abrir dúas novas convocatorias para os Roteiros Guiados polo Monumento Natural Costa Dexo-Serantes dirixido a todos os públicos de forma totalmente gratuita. As citas son os vindeiros sábado 31 de xaneiro, e xoves 12 de febreiro, en horario de mañá de 11 a 14 h., e incluirá ademáis unha visita guiada á Aula do Mar dos Faros de Mera, Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural.
As prazas son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa en:
rebeca.vazquez@ceida.org (indicando o nome e apelidos da persoa ou persoas que desexan participar, a data -31 de xaneiro ou 12 de febreiro-,  idade, teléfono e correo electrónico).

Lembrámoslle que pode seguir todas as nosas actividades e outras novas de interese a través das nosas redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/ceida.educacion.ambiental
Twitter:  https://twitter.com/ceida_galicia

Proxecto subvencionado polo Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, a través do Eixo 4.1 do Fondo Europeo da Pesca do Fondo Europeo de Pesca (75%) e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e Consellería de Medio Rural e do Mar (25%). Europa inviste na pesca sustentable. 



martes, 20 de enero de 2015

lunes, 19 de enero de 2015

El escarabajo verde - Sorbos de mar. Videos

Los defensores del agua de mar consideran que lo cura todo. Aseguran que tiene efectos antibióticos, antiinflamatorios, antihistamínicos y también es nutritiva. Cada vez hay más médicos y naturópatas que laprescriben y también se empieza a utilizar en el deporte. Tomar agua de mar puede parecer una extravagancia, pero sus defensores aseguran que tiene mucho futuro.
Video escarabajo verde - Sorbos de mar. Videos

domingo, 18 de enero de 2015

LA CONTAMINACIÓN MARÍNA POR PLÁSTICOS. INFÓRMATE

Esta página te acercará a la contaminación marina de los plásticos.GREENFACTS