lunes, 6 de julio de 2015

APRAZADA A XORNADA VIVIR DO MAR APRAZADA ATA NOVA DATA, A XORNADA QUE ÍA TER LUGAR O VINDEIRO XOVES 9 DE XULLO ÁS SEIS DA TARDER NA CASA DO PESCADOR DE MIÑO.

Infórmase que a Xornada Vivir do Mar que se tiña programada para o Vindeiro Xoves 9 de Xullo ás 18:00 aprázarase ata unha nova data aún sin confirmar. Informarase da nova data os vindeiros días. Disculpen ás Molestias

viernes, 3 de julio de 2015

VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO Participa nas Xornadas dos Grupos de Acción Costeira Xoves 9 de xullo Casa do Pescador Confraría de Miño R/Curro nº33, xunto o Casa da Guarda Civil de Miño – 15630 Miño (A Coruña)








Se non podes ver correctamente este mailing fai click aquí
VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO
VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO
Participa nas Xornadas dos Grupos de Acción Costeira
Despois de sete anos de traballo compre que a poboación dos territorios costeiros sexa coñecedora e partícipe do labor que se está desenvolvendo desde os GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA. Por este motivo, a Consellaría do Mar da Xunta de Galicia, en colaboración co GAC 2 (Grupo de Acción Costeira 2, Golfo Ártabro) convídavos a compartir unha xornada mariñeira o vindeiro xoves 9 de xullo na que faremos un repaso do traballo desenvolvido nos GAC durante o período de axudas 2007-2013. Ademais coñeceremos proxectos creados con éxito na nosa zona e trazaremos xuntos os retos de futuro para o novo período de axudas de aquí a 2020. A vosa participación é fundamental para planificar as accións dentro do noso territorio e tamén de cara a trazar novas estratexias que permitan tecer redes con outros territorios costeiros e aproveitar dun xeito sostible todo o potencial da costa galega.

DESCARGAR CARTEL
Xoves 9 de xullo
Casa do Pescador Confraría de Miño
R/Curro nº33, xunto o Casa da Guarda Civil de Miño – 15630 Miño (A Coruña)


18:00 Presentación das xornadas.
18:15 Proxección do vídeo GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA.
18:30 Balance: Resultados do Programa de axudas 2007-2013.
18:45 Presentación de experiencias locais: Proxectos de éxito no GAC2.
           A Rehabilitación da Casa do Pescador de Miño, da Confraría de Miño.
           A Rehabilitación da Casa do Mar, da Confraría de Pontedeume.
           Proxecto de traíñas de Mugardos, Concello de Mugardos.
           Rutas en barco pola ría do Eume, Concello de Cabanas.
19:15 Retos de futuro no Eixo 4 (programa 2014-2020).
19:30 Degustación de productos pesqueiros da zona e intercambio de impresións.
Durante toda a xornada haberá ACTIVIDADES INFANTÍS para que podades participar en familia, coa tranquilidade de saber que os vosos fillos estarán atendidos e entretidos.

Inscrición de balde:
Federico Enrique López Viñas
gac2@accioncosteira.es
teléfonos 617867820 / 881896417
Europa inviste na pesca sustentable