miércoles, 18 de diciembre de 2013

Xornada "Ven a Coñecer o Porto e o Mar" Actividade Mariñeira coas rapazas e rapaces de ASPRONAGA E ASPACE

Dentro da Xornada "Ven a Coñecer o Porto e o Mar" dende o Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" coa colaboración das Empresas ALTAVELA E CADENOTE, e realizamos unha actividade de turismo mariñeiro e naútico, coas rapazas e rapaces das entidades ASPACE e ASPRONAGA, coa visita ao Porto e o Porto Deportivo de Sada e o Porto de Lorbé. Debido as condicións meteorolóxicas no mar, cancelouse a navegación nos veleros de estas empresas pola ría de Betanzos - Sada. Realizouse dous talleres de nus mariñeiros, para os chic@s destas asociacións. Para rematar a actividade realizouse unha degustación de produtos do mar, no restaurante de Lorbé, Vilar de Couto. Esta actividades foi moi agrecida polos rapaces destas entidades.





























  

martes, 17 de diciembre de 2013

O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" co turismo e a discapacidade

O presidente do Grupo de Acción Costeira (GAC) "Golfo Ártabro", D. Andrés García Boutureira, xunto a alcaldesa de Bergondo,  Dna. Alejandra Pérez Máquez, a Xornada sobre discapacidade e turismo "Ven a coñecer o Porto e o Mar", esta xornada tivo por obxecto dar a coñecer os proxectos financiados polo Gac Golfo Ártabro, as actividades e servizos de ocio e turismo que teñen as Asociacións e entidades de noso territorio e as actividades que realizan e dar coñecer a posibilidade de novos proxectos para o sector do mar relacionados co ocio, o turismo e a discapacidade.
A xornada comenzou coa disertación de D. Ramón Sestayo Lestón, vicepresidente de COGAMI, sobre a accesibilidade de persoas con discapacidade a portos pesqueiros e náuticos, así como os proxectos sobre actividades de ocio náutico, que realiza a súa entidade.
D. Cesar Longo Queijo, Alcalde de Paderne. Moderou a Mesa sobre "Proxectos subvencionados polos Grupos de Acción Costeira". 
Donde se presentaron os proxectos:
Do Concello de A Guarda "Gamela Guardesa de Vela adaptada" presentada pola Concelleira do Concello da Guarda, Dna. Montserrat Magallanes Álvarez, onde explicou o proceso para adaptación dunha gamela tradicional guardesa para el uso y disfrute de persoas con discapacidade.
De Altavela onde D. Esteban Fernández Couto comentou a actividade da súa empresa de servizos náuticos e explicou actividades de navegación a vela para persoas con discapacidade.
De Deport-Ocio o seu promotor, D. Jesús Manuel Rodríguez Cotos, mariñeiro e persoa con discapacidade explicou o seu servizo de aluguer de bicicletas e karts a pedais.
O Concelleiro de Sada, D. José A. Sánchez  López  moderou a mesa sobre "Programas de  entidades de carácter social. Actividades de ocio e tempo libre Mariñeiras e naúticas" os representantes das entidadades do territorio de carácter social como ASPACE, ASPANAES, ASPRONAGA, Asociación Cultural de Minusvalidos, e ONCE. presentaron a súas actividades: D. Eulogio López Río, Director ASPACE, Dna. Enma Cuestas de ASPANAES, D. Iago Graña Venduña da Asociación Cultural de minusvalidos e D. Niveves García Longueira, de ONCE -DT Galicia.  
Para finalizar a xornadas D. Diego Miranda Barrós, en representación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo realizou unha disertación sobre as oportunidades se abren con este título da UNESCO.
Pechou a Xornada o Xerente do GAC Golfo Ártabro, D. Federico E. López Viñas, sinalando as oportunidades que se abren para o sector do mar e emprendedores do territorio, e lembrando que ata o 31 de marzo de 2014, poderanse presentar as solicitude de axudas para proxectos ao abeiro do Plan Estratéxico Zonal. Mais información. 
Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro"
Federico E. López Viñas
Xerente Grupo de Acción Costeira Golfo Artabro
Av. do Porto s/n Baixo 15160 Sada
Tel./Fax 881.896.417  movil: 617.867.820
Correo electrónico:  gac2@accioncosteira.es
Web: http://www.accioncosteira.es
Blogg: http://gacgolfoartabro.blogspot.com
  Fotos do Evento







jueves, 5 de diciembre de 2013

XORNADA VEN A COÑECER O PORTO E O MAR. Debate sobre a Discapacidade e o Turismo

O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" os invita asistir a Xornada que se realizará o vindeiro Luns 16 de Decembro de 2013, títulada "Ven a Coñecer o Porto e o Mar. Debate sobre a discapacidade e o Turismo" no edificio sociocultural de A Senra (Concello de Bergondo).

Esta xornada ten como obxectivo coñecer e identificar e formular novas actividades ligadas ao mar vencelladas a discapacidade, co obxecto de diversificar e ampliar a oferta a pontenciais clientes destas actividades. 

Dar a oportunidade as asociacións que traballan coas persoas discapacitadas a que divulguen as súas actividades e servizos e explorar novas oportunidades que se abren neste sector á xente do mar e novos emprendedores do territorio.

Presentarase proxectos financiados polo Grupo de Acción Costeira, de proxectos realizados por emprendedor con discapacidade, Deport - Ocio, unha empresa que oferta servizos náuticos para persoas con discapacidade Altavela, un club de piragüismo que realiza curso para persoas con discapcidade auditiva, Club Piraguismo o Temple, etc.

O martes 17 realizarase unha actividade náutica con 30 usuarios das Asociacións Aspace e Aspronoga, con visita as Redeiras do Porto de Lorbé  e José, uns dos derradeiros Carpinteiros de Ribeira do territorio. Colaboran as empresa Altavela e Cadenote.
inscricións: 881.896.417-617.867.820- Correo electrónico:  gacgolfoartabro@gmail.com
Más información: Díptico da Xornada


lunes, 2 de diciembre de 2013

O GAC GOLFO ÁRTABRO ESTA PREPARAR UNHA " XORNADA DE DEBATE SOBRE A DISCAPACIDADE E O TURISMO MARIÑEIRO", OS VINDEIROS DÍAS 16 E 17 DE DECEMBRO.

Dende o Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" estamos a preparar unha xornada de debate sobre a discapacidade e o Turismo Mariñeiro. Realizarase o Luns, 16 de decembro no Auditorio da Senra, no Concello de Bergondo, co obxecto de coñecer experiencias e boas prácticas, así como  proxectos financiados polo GAC Golfo Ártabro, a través do Eixo 4.1 do Fondo Europeo de Pesca.
O martes 17 de decembro realizarase unha actividade demostrativa.

Máis información nos vindeiros, días.

lunes, 25 de noviembre de 2013

VII XORNADAS DA PAISAXE CULTURAL DO NOROESTE




Do 10 ao 14 de decembro terán lugar en Sada as VII Xornadas da Paisaxe Cultural do Noroeste: A Paisaxe como Medio e Instrumento de Xestión, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizadas grazas ao patrocinio do Consorcio As Mariñas. A inscrición é de balde e as prazas limitadas.