viernes, 27 de noviembre de 2009

ACTA DA COMISIÓN DA XERENCIA DO GAC GOLFO ÁRTABRO 25-11-09

Acta da Comisión de Selección do G.A.C. "Golfo Ártabro" celebrada do 25 de Novembro 2009. Acceso ao acta.

martes, 17 de noviembre de 2009

ACTA DA COMISIÓN DA XERENCIA DO GAC GOLFO ÁRTABRO

Acta da Comisión de Selección da Xerencia do GAC Nº2 GAC Golfo Ártabro.
Acta da reunión

viernes, 30 de octubre de 2009

O XOVES 29 DE OUTUBRO PECHOUSE O PRAZO PARA ENTREGA DE SOLICITUDES PARA A XERENCIA DO GAC Nº2 GOLFO ÁRTABRO

Onte pechouse o prazo para entrega das solicitudes para a Xerencia do GAC Golfo Ártabro.

martes, 6 de octubre de 2009

CONVOCASE A PRAZA DE XERENCIA DO GAC Nº2 GOLFO ÁRTABRO

O xoves 8 de Outbro ábrase o prazo para presentación de solicitudes para praza de Xerencia do GAC Nº2 Golfo Ártabro. O período de recepción de solicitudes será de 15 días hábiles a partires desta data.
Máis información: Bases convocatoria

domingo, 4 de octubre de 2009

O REMATE DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS Á CONVOCATORIA DO ANO 2009 É DO 9 DE OUTUBRO

O prazo para presentar proxectos á convocatoria aberta pola orden de 27 de Agosto de 2009 acaba o 9 de outubro. Todos aqueles proxectos que se presenten despois desta data pasarán a convocatoria do ano 2010.

jueves, 10 de septiembre de 2009

REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DO GAC Nº2 "GOLFO ÁRTABRO" VENRES 11 DE SETEMBRO DE 2009 ÁS 19:00 CONFRARÍA DE SADA

O vindeiro venres día 11 de setembro de 2009,ás 19.00 horas en convocatoria única, está convocada unha reunión da Xunta Directiva da Asociación GAC Nº2 "Golfo Ártabro que se celebrará na Confraría de Pescadores de Sada coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA

1. LECTURA, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR E APROBACIÓN SE PROCEDE.

2. NOVIDADES Ó RESPECTO DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA

• SOLICITUDE AXUDA PARA RECUPERACIÓN MEMORÍA MARIÑEIRA, CONFRARÍAS DE MUGARDOS E SADA
• CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR – E O G.A.C. GOLFO ARTABRO
• PUBLICACIÓN DA ORDEN DE AXUDA PARA POSTA EN MARCHA DOS P.E.Z (XÚNTASE)
3. PROPOSTA DE POSTA EN MARCHA DA XESTIÓN DO GAC
• BORRADOR DO CONVENIO DE COLABORACIÓN GAC “GOLFO ARTABRO” E ADR “MARIÑAS- BETANZOS”.
• PROPOSTA DE CALENDARIO DE XORNADAS MUNICIPAIS DE DIFUSIÓN
4. SITUACIÓN DA CESIÓN DA OFICINA PARA SEDE DO GAC. EQUIPAMENTO
5. ROGOS E PREGUNTAS

O LUNS 7 DE SETEMBRO PUBLICOUSE NO DOGA A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ABEIRO DOS PLANS ESTRATÉXICOS ZONAIS APROBADOS POLA CONSELLERÍA DO MAR

O luns 7 de setembro saíu publicado no DOGA, a Orden do 27 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos Plans Estratéxicos Zonais aprobados pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Costeira, e se procede á convocatoria para o ano 2009.

Na convocatoria do 2009, entrarán todas aquelas solicitudes de axuda presentadas ata o 9 de outubro de 2009.

Mais información: convocatoria de axuda

O PASADO 11 DE AGOSTO ASINOUSE O CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DO MAR PARA APLICACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO ZONAL PEZ

O pasado 11 de Agosto, o Presidente do GAC Nº2 "Golfo Ártabro", Andrés García Boutureira asinou o Convenio coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia para aplicación do Plan Estratéxico Zonal, no Marco do Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca (FEP.
Este convenio formaliza ao GAC Nº2 "Golfo Ártabro" como entidade colaboradora para a xestión dos FEP.