jueves, 16 de octubre de 2008

ENTREGA DO DOCUMENTO FINAL P.E.Z. "GOLFO ÁRTABRO"

O mércores día 15 de outubro, a equipa redactora do Plan Estratéxico Zonal “Golfo Ártabro”, remitiu á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento definitivo da candidatura.

Este documento foi aprobado por todos os socios do GAC na Asemblea Xeral celebrada o día 13 de outubro e nel recóllense os cambios acordados en dita asemblea.

O documento final está a disposición de todos os interesados pinchando nos Link´s que se axuntan nesta páxina.

miércoles, 15 de octubre de 2008

REUNIÓN DA ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DO "GOLFO ÁRTABRO"


Esta reunión celebrouse o día 13 de outubro no Salón de Plenos do Concello de Sada ás 19:00 horas en primeira e única convocatoria.

Seguindo a orde do día, informouse a todos ós socios sobre a elección de cargos da Xunta Directiva que tivo lugar o día 10 de outubro. Estes cargos foron ratificados pola Asemblea Xeral.

Seguidamente, técnicos de Terra das Mariñas e da Fundación Comarcal de Cambre, en colaboración cá Xunta Directiva, presentaron a candidatura-estratéxia P.E.Z.

Debatiuse sobre determinados aspectos do Plan Estratéxico Zonal que serán correxidos pola equipa redactora previamente ó envío do mesmo á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

O documento definitivo colgarase no Blog para consulta de todos os socios, onde constarán os cambios aprobados pola Asemblea Xeral.

lunes, 13 de octubre de 2008

CELEBRACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA


O día 10 de outubro reuniúse a Xunta Directiva do Golfo Ártabro. Dita reunión celebrouse na Casa da Cultura "Pintor LLoréns" de Sada ás 19:00 horas.

Nesta xuntanza elixironse os cargos da Xunta Directiva que serán ratificados por todos os socios na vindeira Asemblea Xeral, que se celebrará o 13 de outubro ás 19:00 horas no Salón de Plenos do mesmo concello.

Os cargos foron asignados ós representantes das seguintes asociacións:

Presidencia: Confraría de Sada.
Vicepresidencia: Concello de Paderne.
Tesourería: Confraría de Miño.
Secretaría: Asocíación Terra das Mariñas.

domingo, 12 de octubre de 2008

REUNIÓN DA MESA DO MAR


Os representantes das distintas confrarías e distintas asociacións do sector pesqueiro, rerunironse o día 10 de outubro as 17:30 horas na Casa da Cultura "Pintor LLoréns" do Concello de Sada.

Nesta reunión a Mesa do Mar, elixiu ós seus representantes na Xunta Directiva do G.A.C. e propuxo o representante que exercerá de presidente do G.A.C.

Elexíuse a Confraría de Sada para a presidencia, sendo o seu Patrón Maior Andrés García Boutureira a persoa proposta como presidente da Asociación.

Os equipos técnicos de Terra das Mariñas e a Fundación Comarcal de Betanzos informaron ós representantes do Sector do Mar, os avances realizados no Plan Estratéxico de Zona e os avances realizados na elaboración da candidatura.

jueves, 9 de octubre de 2008

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DAS MESAS DO SECTOR PÚBLICO, ECONÓMICO E SOCIAL NA XUNTA DIRECTIVA DO "GOLFO ÁRTABRO"


Os días 7 e 8 de outubro celebráronse, na casa da cultura de Sada "Pintor LLoréns", as respectivas mesas dos sectores Público, Social e Económico.
Nestas reunións elixironse os representantes para a Xunta Directiva do Golfo Ártabro de cada unha das mesas. Estes representantes son:

SECTOR PÚBLICO
- Concello de Sada.
- Concello de Paderne.
- Concello de Narón.

Neste sector acordouse que os representantes do mesmo elixiranse cada ano entre os 15 concellos comprendidos no territorio.

SECTOR SOCIAL
- Asociación Rabo do Galo.
- Asociación Meigas.
- COGAMI.

SETOR ECONÓMICO
- Agroalimentaria do Eume.
- Asociación de empresarios de Miño.
- Asociación Terra das Mariñas.

martes, 7 de octubre de 2008

NOTA INFORMATIVA: CAMBIO DE DÍA PARA A CELEBRACIÓN DA REUNIÓN DO SECTOR ECONÓMICO

A reunión do SECTOR ECONÓMICO, fixada para ó mércores 07 de outubro ás 19:00 horas CELEBRARASE O MÉRCORES 08 DE OUTUBRO ÁS 19:00 horas NA CASA DA CULTURA DE SADA "PINTOR LLORÉNS".

domingo, 5 de octubre de 2008

CALENDARIO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA "GOLFO ÁRTABRO"

Próximamte celebraranse unha serie de reunións do equipo redactor cós distintos sectores que compoñen o G.A.C. (Público, Económico, Social e Pesqueiro).
Nestas reunións farase unha diagnose compartida entre os socios de cada sector vendo as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que se deban reflexar no documento candidatura, así mesmo elixiranse os representantes de cada sector na Xunta Directiva.
As datas acordadas para ditas reunión foron consensuadas na Asemblea Xeral do 3 de outubro do presente ano por todos os asistentes á mesma e terán lugar na Casa da Cultura de Sada "Pintor Lloréns".

- SECTOR PÚBLICO: Martes 7 de outubro ás 13:00 horas.
- SECTOR ECONÓMICO: Martes 7 de outubro ás 19:00 horas.
- SECTOR SOCIAL: Mércores 8 de outubro ás 19:00 horas.
- SECTOR PESQUEIRO: Venres 10 de outubro ás 17:30 horas.

A elección de cargos da Xunta Directiva e a aprobación do borrador do documento candidatura, farase nun primer momento polos membros da Xunta Directiva e serán ratificadas pola Asemblea Xeral, ditas reunións celebraranse os días:

- XUNTA DIRECTIVA: Venres 10 de outubro ás 19:00 horas na CASA DA CULTURA "PINTOR LLORÉNS" (CONCELLO DE SADA).
- ASEMBLEA XERAL: Luns 13 de outubro ás 19:00 horas no SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE SADA.

O VENRES 3 DE OUTUBRO, TIVERON LUGAR AS REUNIÓNS DA COMISIÓN XESTORA E DA ASEMBLEA XERAL PARA A CONSTITUCIÓN DO GOLFO ÁRTABRO


O pasado venres 3 de outubro, teñense celebrado, segundo o previsto, as reunións da Comisión Xestora e da Asemblea Xeral, para a constitución do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro".
Na Asemblea Xeral, expúxose, ante todos os asistentes os asistentes, o cronograma que se está a seguir na elaboración do documento candidatura e fixáronse, de forma consensuada, as datas para as próximas reunións entre o equipo redactor e os distintos sectores implicados no Programa.
Así mesmo, nesta Asemblea Constituínte, explicáronse os cambios propostos pola Comisión Xestora para o borrador de estatutos, tras o cal foron aprobados por unanimidade por todos os representantes de distintas asociacións alí presentes.
Finalmente asináronse a acta fundacional e os estatutos definitivos.