lunes, 25 de junio de 2012

Seminario "Turismo pesqueiro: Novas oportunidades" da Fundación Paideia

Fundación Paideia informa que o vindeiro venres 6 de xullo dará comezo en Muros (A Coruña) o Seminario baixo o título "Turismo pesqueiro: Novas oportunidades" (xunto programa). Este seminario, de 20 horas de duración, dividirase a partes iguais entre formación teórica e práctica, incluindo a visita a tres experiencias de turismo pesqueiro postas en marcha polas Confradías de pescadores de Muros, Portosín e Lira.

Este seminario realizase dentro do proxecto Áncora financiado pola Fundación Biodiversidade, que busca novos nichos de emprego para o litoral.

A todos/as aqueles/as interesados/as en participar, confirmen a súa asistencia antes do 5 de xullo a través do envío da Solicitude de participación (ben por e-mail: oscar.blanco@paideia.es ou ben por fax: 981 817 001).


Máis info premendo en: Web DELOA / ÁNCORA Facebook

miércoles, 20 de junio de 2012

Xornada de debate "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera"


Xornada de debate "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera"

  • Datas: 22 de xuño, 28 de xuño
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz, Oleiros
  • Colabora: Fundación Biodiversidad
  • Organiza: CEIDA

Obxectivos
- Posta en valor de actividades socioeconómicas que compatibilicen a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento das súas actividades.
- Creación de sinerxias de colaboración e intercambio entre os axentes sociais mais dinámicos implicados no desenvolvemento rural.

Destinatarios
Todos os sectores implicados no desenvolvemento rural, líderes locais, autoridades, sector primario, turismo, poboación local, e público xeral.

Sesións
- Venres, 22 de xuño. Actividades socioeconómicas vinculadas ao medio mariño e litoral.
- Xoves, 28 de xuño. Actividades socioeconómicas vinculadas a zonas rurais de interior.

Descargar programa

Inscrición
A inscrición é gratuíta, e poderá realizarse para a sesión do venres 22, do xoves 28, ou ben para ambas. As prazas son limitadas.

Se estás interesado en asistir deberás cubrir o seguinte formulario.

viernes, 15 de junio de 2012

XORNADA "ESTRATEXÍAS TURÍSTICAS NO GOLFO ÁRTABRO"

A Xornada do GAC Golfo Ártabro "Estratexías Turísticas no Golfo Ártabro" que terá lugar o vindeiro 21 de Xuño, Xoves, Ás 17:00 no Salón de Plenos do Concello de Sada,(Antiga Axundantía de Mariña de Sada).

O Golfo Ártabro contén destacados valores e recursos naturais que deben ser conservados e explotado sostiblemente para asegurar a continuidade das actividades ligadas ao mar e ao litoral.

Esta xornada servirá para dar a coñecer diferentes estratexias e actividades turísticas ligadas ao mar e ao medio mariño, así como as oportunidades e os retos que se presentan para o sector turístico nos concellos que comprenden o Golfo Ártabro. Como turísmo Mariñeiro, Gastrónómico e Nautico.


Unha vez rematada a xornada terá lugar unha degustación de produtos do mar e do territorio.
Díptico da xornada facer click aquí

Pode confirmar a asistencia enviado un correo electrónico a:
gacgolfoartabro@gmail.com

POSTA EN COMÚN DOS RETOS PARA A MELLORA MEDIOAMBIENTAL NO GOLFO ÁRTABRO




Onte tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Sada unha interesente e concurrida Xornada sobre os Retos para a Mellora Medio Ambiental no Golfo Ártabro.

A Xornada inaugurada polo Presidente do Gac Golfo Ártabro, Andrés García Boutureira, que falou sobre as distintas actividades pesqueiras e marisqueiras que se realizan polo sector ao longo das rías. A importancia teñan da boa calidade ambiental das rías que dan de comer a mulleres e homes e familias do noso litoral e é unha importante fonte recursos económicos, a necesidade que as depuradoras funcionen e evitar os puntos de verquido que aún existen nestas rías, e o Alcalde de Sada, Ernesto Anido Varela, inauguró as xornadas en un saluda ós ponentes e ó público presente.


Dúas mesas redondas.

Na primeira se falou sobre as estratexías para a conservación medio ambiental, na que Jorge B. Ballón do GDR Mariñas- Betanzos explicou a Candidatura da Reserva da Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" e súa repercusión na zoas do litoral. Outra das ponencias da mesa presentadas por Javier Ferreiro do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago de Compostela trató sobre a Ampliación da Rede Natura 2000 no litoral do Golfo Ártabro, é o derradeiro ponente Francisco Javier Sanz Larruga, Director do Observatorio de litoral e profesor da Universidade da Coruña, explicou as bases para a posta en marcha da Xestión Integrada das Zonas Costeiras, a estas ponencias seguíu unha rolda de cuestións onde se debatíu con interese estes temas.

Na segunda e derradeira mesa da xornada falouse da situación e os retos das rías.

Onde as ponencias do sector do mar, presentadas por María José Crepo Fraga, Patroa Maior da Confraría de Miño, María Jesús López Iglesias, Patroa Maior da Confraría de Pontedeume e Joam Luis Ferreiro Caramés, Asistencia Técnica da Confraría de Barallobre e Biólogo, amosaron a situación medioambiental das Rías, Ares Betanzos, Ferrol e A Coruña, do Golfo Ártabro, onde a alta contaminación dos bancos marisqueiro fai que teña que levar o produto a depurar a bateas, co prexuicios que elo conleva. Así como a necesidade de que funcionen as depuradoras e evitar os verquidos directos ao mar, e propoñeuse que augas de Galicia xestionará as depuradoras, entre outros argumentos.

Por su parte Roberto Arias de Auga de Augas de Galicia, o seu subdirector de Planificación e Proxectos, informou sobre ás infraestructuras de saneamento e depuración no litoral e no interior do Golfo Ártabro e sobre o plan de infraestructura de Augas de Galicia, no territorio.

Ricardo Babío Arcay, Xefe de proxecto e obras da Demarcación de Costas de Galicia realizou
un percorrido polas actuacións realizadas por esta institución no litoral do Golfo Ártabro nos derradeiros anos.

Acabadas as interbencións realizouse un pequeno debate sobre este tema onde os ponentes responderon ás cuestións do público presente.

Finalizou a Xornada co peche por parte do Concelleiro de Promoción Económica do Concello de Arteixo e actual Vicepresidente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" Manuel Padín Santos, Cesar Longo Queijo, Alcalde de Paderne e José Ángel Sánchez López Concelleiro de Promoción Económica do Concello de Sada, que comentaron a importancia da posta en común de estas cuestións ambientais, entre institucións, confrarías, concellos, asociaciacións e a riqueza ambiental de nosas rías, a importancia dos marineros e mariscadoras e mariscadores das nosas rías, así como la excelencia dos produtos do mar do Golfo Ártabro e do maridaxe cos de terra.

A Xornada finalizou coa degustación e maridaxe de produtos de mar e terra, realizados polo Restaurante TAMEI

miércoles, 6 de junio de 2012

XORNADA: GOLFO ÁRTABRO RETOS PARA A MELLORA MEDIO AMBIENTAL


A Xornada do GAC Golfo Ártabro "Retos para a Mellora Medio Ambiental" que terá lugar o vindeiro 14 de Xuño, Xoves, Ás 17:00 no Salón de Plenos do Concello de Sada,(Antiga Axundantía de Mariña de Sada).
Nesta xornada trataránse os retos para a Mellora Medioambiental das rías do Golfo Ártabro, en base á Xestión Integrada de Zonas Costeiras, a ampliación da Rede Natura 2000 ás Zonas Mariñas, e a Candidatura das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo á Reserva da Biosfera. Analizarase a situación medioambiental da rías entre representantes das Confrarías e as Institucións con competencia no litoral.

Unha vez rematada a xornada terá lugar unha degustación de produtos do mar e do territorio.

Pode confirmar a asistencia enviado un correo electrónico a:
gacgolfoartabro@gmail.com

DATA 14 DE XUÑO 2012

LUGAR SALÓN DE PLENOS CONCELLO DE SADA (ANTIGA AXUDANTÍA DE MARIÑA)

AV DO PORTO S/N SADA

HORARIO : 17:00 - 20:00

Díptico da Xornada: facer un clik aqui