jueves, 30 de junio de 2016

Exposición no Castelo de Sta Cruz.Oleiros na Sede do CEIDA ata 31 de xullo 2016 : COS PÉS NA AREA Exposición conxunta RetoqueRetro & Mar de Fábula



Os colectivos RetoqueRetro & Marde Fábula teñen o pracer de lle invitar á inauguración da exposición que terá lugar o próximo venres día 1º de xullo, ás 2030 horas, na instalacións do Ceida, no Castelo de Santa Cruz, Oleiros. A mostra estará aberta todo o mes.
Esta exposición é unha proposta de diálogo a tres bandas entre un mar que reclama a atención da sociedade actual devolvéndolle arreo aquelo que non é seu, e dous colectivos artísticos diferentes e ao tempo complementarios que, respondendo á súa chamada, integran nas súas obras, nunha íntima e paciente tarefa, as crebas e o lixo mariño que retiran da ribeira.
O equipo artístico de RetoqueRetro, seguindo a ancestral tradición galega de recoller tesouros procedentes de naufraxios e lugares lonxanos que o mar deposita nas praias, fan das crebas a sua peza estrela. Madeiras preesculpidas polas mareas e a intemperie e que eles rematan dándolles a forma que lles suxiren: barcos e peixes, faros e sereas, bosques e dragóns, seres mitolóxicos, zooides e humanoides......
Mar de Fábula fai do lixo mariño o alicerce da súa obra: Animais fantásticos de todas as formas e tamaños, con vísceras circulares e grandes ollos abraiados. Peixes, vermes, libeliñas, arañas e formigas, criaturas caóticas, mounstruosas pero inofensivas, xurdindo dos fondos abisais e sumidas no desconcerto porque saben que, en circunstancias normais, non deberan de existir porque todas teñen os seus corpos de plástico.
Esta exposición é tamén unha proposta conxunta de concienciación ambiental e fonte de inspiración que debera levarnos a un necesario replantexamento de relacións entre a sociedade actual e o mar. Toda a obra incorpora os residuos que o mar nos devolve con maior intensidade: O lixo – principalmente os plásticos- procedentes da desontrolada actividade humana. O lixo que se atopa nas praias é soamente a punta do iceberg da que seguramente sexa a meirande problemática ambiental que os humanos, os causantes, no queremos mirar...

A RESERVA DA BIOSFERA MCeTM: O SEU POTENCIAL TURÍSTICO




 Co fin de poñer de manifesto o potencial turístico da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o vindeiro 14 de xullo terá lugar na nosa sede unha xornada formativa que dará a coñecer os valores naturais, culturais e patrimoniais deste territorio. A actividade, organizada polo CEIDA, a Reserva da Biosfera MCeTM e a Área de Turismo da Deputación da Coruña, está dirixida a responsables políticos e técnicos ambientais; axentes e técnicos vinculados ao sector turístico; persoal técnico dos grupos de desenvolvemento rural, Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e outras entidades locais; guías ou profesionais do turismo; educadores ambientais, naturalistas, biólogos; e público xeral interesado.
A entrada é de balde e as prazas son limitadas.
Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/reserva-da-biosfera-marinas-corunesas-terras-do-mandeo-seu-potencial-turistico.html

martes, 28 de junio de 2016

CAMBIO DE FECHA AL 1 DE JULIO Desayuno de trabajo de la Asociación de Empresarios de Bergondo sobre la obligatoriedad de registro de la jornada de los trabajadores. Apuntate!!!!

A raíz de las últimas actuaciones llevadas a cabo por la Inspección Provincial de Trabajo y Seguridad Social en Bergondo y conforme a sus Planes de actuación para el año 2016, les recordamos la obligatoriedad de llevar a cabo un registro de jornada de sus trabajadores, desde la “Asociación de Empresarios de Bergondo” en este sentido, hemos intentado desarrollar esta jornada en colaboración con el despacho Iglesias Abogados, en la que explicarán las actuaciones de la Inspección de Trabajo en el control de esta obligación empresarial que se centran en dos aspectos fundamentales que trataremos en el desayuno de trabajo- Jornada Formativa, dentro de FORO DE RRHH, bajo el título “Obligatoriedad de registro de la jornada de los trabajadores”, que será el próximo Viernes 1 de Julio 2016, a partir de las 9:30 horas, en la sede de la entidad, en la C/ Parroquia de Guísamo s/n . Edificio de Usos múltiples. Polígono de Bergondo, en la que nos gustaría que nos acompañaras.
Contamos contigo!! Reserva tu plaza en el correo electrónico asantoscasal@aebergondo.com

jueves, 23 de junio de 2016

CERTIFICADO PROFESIONAL DE CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS 330 HORAS CENTRO DE FORMACIÓN AIXOLA MARÍN DO 5 AO 29 DE NOVEMBRO 2016

A partir do 5 de setembro de 2016, o Centro de Formación A Aixola iniciará a impartición do curso de “Confección e Mantemento de artes e Aparellos” que da acceso ao certificado de profesionalidade correspondente.

O Servizo Público de Emprego de Galiza realizará a pre-selección de candidatos para o curso, que participarán nas probas de selección realizadas no Centro de Formación A Aixola.

Os interesados para participar no proceso de selección de alumnos, deberán notificar á súa oficina de Emprego o seu interese en realizar o curso “Confección e Mantemento de artes e Aparellos”, código de especialidade MAPN0108. Só poderán participar no proceso de selección as persoas que cumplan algún dos requisitos.

REQUISITOS DE ACCESO AOS CURSOS:
Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade do nivel de cualificación profesional 2, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:
·         Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.
·         Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder
·         Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional
·         Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
·         Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
·         Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

Achegamos o cartel informativo da actividade, para a súa difusión se o considera de interese.

Pode encontrar información adicional na web (http://aixola.cetmar.org) , ou poñéndose en contacto connosco.


Centro de Formación A Aixola

La posible información que pudiera contener este correo, relacionada con datos de carácter personal, se encuentra protegida en los términos exigidos por la LOPD 15/99, que compromete a no utilizar estos datos para fines que no sean los estrictamente necesarios para la realización de su cometido, añadiendo además la absoluta confidencialidad y exclusividad, quedando prohibida a cualquier persona su revelación, copia, distribución o el ejercicio de cualquier acción relativa a su contenido.

CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
Puerto Pesqueiro, s/n – E36900 MARÍN (Pontevedra)

Coordinación: Centro Tecnológico del Mar - Fundación CETMAR
Tel. +34 986 838 033  http://aixola.cetmar.org
Síguenos en facebook: https://www.facebook.com/Aixola



miércoles, 22 de junio de 2016

Desayuno de trabajo de la Asociación de Empresarios de Bergondo sobre la obligatoriedad de registro de la jornada de los trabajadores. Apuntate!!!!


A raíz de las últimas actuaciones llevadas a cabo por la Inspección Provincial de Trabajo y Seguridad Social en Bergondo y conforme a sus Planes de actuación para el año 2016, les recordamos la obligatoriedad de llevar a cabo un registro de jornada de sus trabajadores, desde la “Asociación de Empresarios de Bergondo” en este sentido, hemos intentado desarrollar esta jornada en colaboración con el despacho Iglesias Abogados, en la que explicarán las actuaciones de la Inspección de Trabajo en el control de esta obligación empresarial que se centran en dos aspectos fundamentales que trataremos en el desayuno de trabajo- Jornada Formativa, dentro de FORO DE RRHH, bajo el título “Obligatoriedad de registro de la jornada de los trabajadores”, que será el próximo Jueves 30 de junio 2016, a partir de las 9:30 horas, en la sede de la entidad, en la C/ Parroquia de Guísamo s/n . Edificio de Usos múltiples. Polígono de Bergondo, en la que nos gustaría que nos acompañaras.
Contamos contigo!! Reserva tu plaza en el correo electrónico asantoscasal@aebergondo.com

martes, 21 de junio de 2016

Empeza a Copa Balbina VIII Edición Organizada pola Asociación Patexeiros

Empeza a Copa Balbina VIII Edición


Pois efectívamente este vindeiro sábado día 25 de xuño dará comezo un ano máis a Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela, na que este ano será a súa VIII Edición.

Como moitos xa sabedes, ésta é unha competición que fomenta a participación e a xuntanza das moitas embarcacións tradicionais que existen no Golfo Ártabro e que permite ver navegar xuntos a estes fermosos barcos  por diante da vila de Sada.

Ahí vai o extracto do regulamento deste ano. As novidades con respecto a anos anteriores son resaltadas en azul, e fixéronse co afán de aumentar a participación.




EXTRACTO DO REGULAMENTO DA PROBA

Calendario:
1ª Proba: Sábado 25 de Xuño
2ª Proba: Sábado 30 de xullo
3ª Proba: Sábado 27 de agosto
4ª Proba: Sábado 24 de setembro
Proba Extraordinaria puntuable:
Este ano puntuará de novo para a Copa Balbina a Regata de Perbes
Gran premio de Embarcacións Tradicionais “Homenaxe os carpinteiros de ribeira”
Organizada polo Club Marítimo de Perbes que sole ser o primeiro fin de semán de Agosto
1. A Copa Balbina:
A Copa Balbina de Vela Tradicional é unha proba creada pola A.C.M. Os Patexeiros e levada a cabo dentro do calendario de competicións de vela do C.N.R.S. Dispútase en augas de Sada.
Este ano puntuará tamén para a Copa a Regata de Perbes
2. Características dos barcos participantes:
A Copa Balbina e unha proba aberta a todo tipo de embarcacións tradicionais de madeira con propulsión a vela, independentemente da súa tipoloxía, aparello ou eslora.
Ó ser unha proba que pretende fomentar máis a participación e a reunión de embarcacións tradicionais no Arco Ártabro, que a competición en si mesma, admítese a participación de embarcacións con certas modificacións estructurais para adaptalas ós tempos actuais ou feitas en parte con materiais “modernos” (epoxis, fibra de vidrio, etc...), sempre e cando a súa propulsión sexa a vela tradicional (vela de relinga, vela latina, etc...). E tamén se admitirán embarcacións tradicionais de madeira con adaptación a aparello moderno (snipe, etc...) Este punto someterase sempre ó criterio da A.C.M. Os Patexeiros.
Se algunha embarcación con formas tradicionais pero feita totalmente con materiais "modernos" (fibras, epoxis, polietileno, etc...) desexa acompañarnos nalgunha regata da proba, pode facelo, pero non computará na puntuación da regata nin na xeral da Copa Balbina. 
3. Inscricións:
Será obrigatoria a inscrición dos participantes, ven sexa con anterioridade, comunicándoo ó correo patexeiros@hotmail.com ou ben no mesmo momento da participación, comunicándollo ó barco da Organización, CNRS ou Patexeiros.
4. Percorrido da proba.
O percorrido de cada proba desta VIII edición da Copa Balbina será o indicado pola organización en cada regata da mesma, no momento da saída. En cada proba disputaránse 2 mángas que puntuarán individualmente (non se fará a media das mangas).Tamén no momento da saída se especificará se se fan dúas mangas ou unha manga sóa, dependendo das condicións climatolóxicas. Ainda que intentaremos sempre que en cada unha das probas se disputen as dúas mangas.
5. Horarios para probas disputadas en Sada:
NA RAMPA DE SERVIZO DO CNRS ÁS 16:00 HORAS
SAÍDA DA PRIMEIRA MANGA ÁS 17:00 HORAS
AVISOS: VARIOS PITIDOS
1º SINAL: 5 MINUTOS E BANDEIRA AMARELA
2º SINAL: 4 MINUTOS
3º SINAL: 1 MINUTO
4º SINAL: SAÍDA E BAIXADA DE BANDEIRA AMARELA
SEGUNDA MANGA: EN CANTO ENTRE O ÚLTIMO VÓLVENSE A DAR OS AVISOS.
O horario para a proba extraordinaria de Perbes será o que dictamine a Organización do Club Marítimo de Perbes, que en un principio a ten fixada para as 17:30 horas.
6. Responsabilidade:
Todos os participantes na Copa Balbina de vela tradicional farano baixo o seu propio risco e responsabilidade.
Recoméndase ós participantes a tramitación do Cartón de Navegante da FGCMF que polo módico prezo de 10 Euros anuais da cobertura de accidentes ó titular do mesmo.
A Organización recorda ós participantes a obriga de levar a bordo o equipamento regulamentario de salvamento así como a documentación regulamentaria esixida polas autoridades marítimas.
A Organización poñerá polo menos unha embarcación de asistencia para atender ás embarcacións en caso de problemas.
A Organización resérvase o dereito de suspender a proba no caso de que estime que as condicións meteorolóxicas poidan supoñer un risco para os participantes.
7. Sistema de puntuación:
O sistema de puntuación por manga, para a Copa Balbina 2016 VIII Edición estará definido da seguinte maneira:
Por asistencia a cada proba da Copa Balbina, cada barco sumará 5 puntos, excepto pola asistencia á última proba da Copa, na que se entregarán os trofeos, na que a puntuación por asistencia sumará 10 puntos por barco. Estes puntos sumaranse sempre que se participe na proba e se tome a saída nalgunha das mangas dela, independentemente que algún dos barcos quedase descalificado nalgunha das mangas.
No respecto á puntuación por orde de chegada, o primeiro clasificado levará tantos puntos como embarcacións teñan participado, o segundo levará un punto menos, o terceiro un menos ca o segundo, e así sucesívamente ata o derradeiro que levará 1 punto.


  • Establécese unha única categoría de embarcacións.
  • Cada manga puntuará por separado e ó final sumaranse os puntos conseguidos por cada embarcación nas dúas mangas.
  • No caso de se ter que suspender unha das mangas debido ás condicións meteorolóxicas ou outra situación de risco, a puntuación final considerarase a da outra manga, se se tivera disputado.
  • A Regata extraordinaria de Perbes puntuará do mesmo xeito cas 4 probas habituais da Copa Balbina disputadas en Sada, estando a expensas de que a Organización do Club Marítimo de Perbes decida facer unha ou dúas mangas na regata.
  • Das 4 regatas puntuables, cada patrón/barco pode facer un descarte, que pode elexir aquel no que non poida participar ou no que tivese peor puntuación. Para competir en igualdade de condicións un descarte será obrigatorio.
  • Os descartes serán por regata, queremos decir con isto que se un patrón descarta unha das regatas e ésta se fixo a dúas mangas, descartaranse as puntuacións das dúas mangas disputadas nesa regata
  • A efectos de fomentar e premiar a participación nas Concentracións de embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, sumaranse  puntos adicionais na clasificación xeral ó barco/tripulación por asistencia ás seguintes Concentracións de Embarcacións Tradicionais do Arco Ártabro. (Enténdese  puntos por cada unha das concentracións ás que asista)
Concentración de Ares: 5 PUNTOS
III Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais - Sada: 10 PUNTOS
Concentración de Redes: 5 PUNTOS
Parrocheira de Ferrol: 5 PUNTOS
8. Premios
Ó rematar todas as probas puntuables para a Copa Balbina, entregaranse trofeos ós tres primeiros barcos clasificados. Ademáis o barco gañador será o herdeiro por un ano da Copa Balbina que se lle entregará nun acto aparte, unha vez se lle faga e coloque a praca que identifique o nome do gañador, e a custodiará no sitio que él considere máis representativo ata poñela en xogo na vindeira edición. Tamén se entregará un premio ó patrón ou tripulante que a máis probas da VIII Edición da Copa Balbina teña asistido (só a probas da Copa Balbina, non a partipacións en xuntanxas e Concentracións, debido á dificultade de comprobar a asistencia dun tripulante ás mesmas)
9. Outras consideracións:
Os participantes dan a súa autorización expresa á publicación das fotografías que se realicen durante a proba e que poderán ser publicadas nos medios dixitais da A.C.M. Os Patexeiros (blog e facebook) ou outro medio que a Organización considere.
A Organización resérvase o dereito de modificar este resumo de normas da proba. Calqueira modificación anterior á celebración das probas será posta en coñecemento dos participantes con anterioridade á saída polos medios que se estimen convintes.
Calqueira controversia ou desputa entre participantes será analizada e resolta polo xuiz/xuices en consulta coa Organización.
Advírtese expresamente que non se pode navegar por diante da liña de saída cando falte un minuto ou menos para a saída, podendo dar lugar, esta acción, á desclasificación da embarcación nesa manga.
As viradas faranse sempre deixando a boia por babor. Penalizarase ca reducción de 5 puntos ó patrón/barco que non a tome corréctamente. O patrón/barco que desexe enmendar ese erro para evitar a perda deses puntos deberá facer unha virada completa a esa boia para logo continuar ca regata.
Calqueira outro punto que non esté recolleito neste regulamento será tratado no momento que surxa polo comité de regata. Sendo a súa decisión inapelable.



Colaboran: