sábado, 28 de mayo de 2011

Visita de Estudio a GDP Cádiz Estrecho de GAC Golfo Ártabro, Costa da Morte, Ría de Pontevedra

Fecha:
25/05/2011 - 14:15 - 26/06/2011 - 15:20

Os Grupos de Acción Costeira Golfo Artabro, Costa da Morte, e Ría de Pontevedra visitaron entre o 24 e 28 de maio, ao Grupo de Desarrollo Pesquero de Cadiz- Estrecho, esta visita de estudio, se enmarca dentro das actividades de sensibilización e formación dos Grupos.

O obxectivo desta viaxe foi os de coñecer as actividades das Confrarías socias do GDP, nesta ocasión visitaronse as Confrarías de Tarifa e Conil da Frontera, no que os participantes puideron coñecer por parte dos secretarios destas Confrarías as accións encamiñadas a mellora e diferenciación dos produtos da pesca. Esta diferenciación, se realiza a través da morte do peixe en auga xeo e o etiquetado do peixe, onde cada etiqueta ten un código que sinala toda información relacionada co proceso que realiza o peixe dende que é pescado ata a chegada o consumidor.

Coñeceuse as actividades de diversificación da Confraría de Conil respecto á acuicultura, as gaiolas de engorde das lubinas e proceso que reciben estas ata a chegada ao consumidor. Outros produccións de interese que se coñeceron foi o do ostión e a zamburiña.

Visitaronse empresas punteras relacionadas coa salazón, ahumado, e transformación do peixe, e exportación, onde o seu produto estrela era o atún roxo.

Dende o GDP Cádiz - Estrecho informaron dos proxectos que están á traballar, o mais destacado é a Ruta Turística do Atún, onde as empresas do mar, hostaleiros, restauradores e empresas turísticas uniranse para crear un produto turístico de calidade e cun standar de calidade común. Visitouse o Centro de Interpretación das Almadrabas de Barbate e realizouse unha ruta pola costa para coñecer a almadraba de Barbate.

Esta visita de estudio servíu para intercambiar experiencia entre os responsables das Confrarías e dos Grupos de Acción Costeira, que servirá para desenvolver futuros proxectos nos territorios e de cooperación interrexional.