lunes, 3 de agosto de 2015

XORNADA "VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO" NO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA 2 "GOLFO ÁRTABRO" NA CASA DO PESCADOR DE MIÑO SITO NA RUA DO CURRO DE MIÑO XUNTO A CASA DA GARDA CIVIL DE MIÑO 15630 MIÑO

VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO
VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO
Participa nas Xornadas dos Grupos de Acción Costeira
Despois de sete anos de traballo compre que a poboación dos territorios costeiros sexa coñecedora e partícipe do labor que se está desenvolvendo desde os GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA. Por este motivo, a Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración co GAC 2 (Grupo de Acción Costeira 2, Golfo Ártabro) convídavos a compartir unha xornada mariñeira o vindeiro martes 11 de agosto na que faremos un repaso do traballo desenvolvido nos GAC durante o período de axudas 2007-2013. Ademais coñeceremos proxectos creados con éxito na nosa zona e trazaremos xuntos os retos de futuro para o novo período de axudas de aquí a 2020. A vosa participación é fundamental para planificar as accións dentro do noso territorio e tamén de cara a trazar novas estratexias que permitan tecer redes con outros territorios costeiros e aproveitar dun xeito sostible todo o potencial da costa galega.

DESCARGAR CARTEL
Martes 11 de agosto
Casa do Pescador Confraría de Miño
R/Curro nº33, xunto á Casa da Garda Civil de Miño – 15630 Miño (A Coruña)


18:00 Presentación das xornadas.
18:15 Proxección do vídeo GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA.
18:30 Balance: Resultados do Programa de axudas 2007-2013.
18:45 Presentación de experiencias locais: Proxectos de éxito no GAC2.
           A Rehabilitación da Casa do Pescador de Miño, da Confraría de Miño.
           A Rehabilitación da Casa do Mar, da Confraría de Pontedeume.
           Proxecto de traíñas de Mugardos, Concello de Mugardos.
           Rutas en barco pola ría do Eume, Concello de Cabanas.
19:15 Retos de futuro no Eixo 4 (programa 2014-2020).
19:30 Degustación de productos pesqueiros da zona e intercambio de impresións.
Durante toda a xornada haberá ACTIVIDADES INFANTÍS para que podades participar en familia, coa tranquilidade de saber que os vosos fillos estarán atendidos e entretidos.

Inscrición de balde:
Federico Enrique López Viñas
gac2@accioncosteira.es
teléfonos 617867820 / 881896417
Europa inviste na pesca sustentable