miércoles, 12 de diciembre de 2012

INNOVACIÓN UNHA OPORTUNIDADE PARA O SECTOR DO MAR

Este martes 11 de decembro, na Aula da Casa do Mar de Sada tivo lugar a Mesa de traballo sobre innovación para o Sector do mar do Golfo Ártabro, o obxectivo desta actividade é por en contacto aos centros de investigación existentes na nosa Comunidade coas Confrarías de Pescadores do noso territorio. A mesa estivo moderada polo Xerente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro", Federico López.

Dende o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Angel Francisco González e Angel Guerra, investigadores do Departamento de Ecobio, presentaron as distintas liñas de investigación que están a realizar actualmente, e presentaron un proxecto de divulgación científica que se vai a realizar no sur de Galicia e que se financiará con Fondos do Fondo Europeo de Pesca.
A Subdirectora da Estación Biolóxica Mariña da Graña, Celia Besteiro, presentou as instalacións e actividades que se realizan en dito centro de investigación, así como os derradeiros proxectos que se están a exectar dende esta estación.

A representante de transferencia tecnolóxica do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), Rosa Fernández, amosou o que estase a facer na plataforma tecnolóxica TECNOPEIXE, e o papel que está a realizar o Cetmar como dinamizador desta plataforma. Nos proxectos que están a realizar na plataforma.

A mesa de traballo rematou cun debate, das posibles liñas de traballos entre estes centros de investigación e as Confrarías de Pescadores.

Dende as Confrarías falaron da necesidade dunha boa depuración das augas e o funcionamento das depuradoras do territorio para mellorar a calidade das augas. E os problemas das grandes infraestructuras como os Portos Exteriores, no cambios de corrientes e cambios na sedimentación de limos en praías, que tiñan gran produtividade e que están afectando a súa produtividade.

martes, 11 de diciembre de 2012

TRABALLANDO NA EXTRATEXIA MEDIOAMBIENTAL DO GAC GOLFO ÁRTABRO

Onte luns, na Aula do Casa do Mar de Sada, tivo lugar a Xornada sobre a estratexias medioambientais no Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro". Nesta xornada se traballou con técnicos, e asociacións mediambientalistas do territorio, para conocer experiencias válidas, a través do intercambio de conocimiento con el objetivo de  preparar una candidatura al programa LIFE biodiversidade.

Nesta ocasión tivemos a Fernando Jubete da Fundación Global Nature, que disertou sobre a súa experiencia na preparación de Candidaturas Life Biodiversidade, poñendo como exemplo a Candidatura realizada para o Canal de Castilla. Foi presentado polo Director do Proxecto LIFE+ Aqua Plann Project de Abegondo.



Pudemos coñecer as experiencias do IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Ferreiro e Marcos Rubinos expusieron dous exemplos de Candidaturas realizadas neste senso, na provincia de Lugo. A charla moderada por o xerente do Grupo Acción Costeira "Golfo Ártabro", Federico López, analizaronse posibles liñas de traballo, en base a especies en perigo de desaparición, eliminación de especies invasivas, ou rexeneración de hábitats degradados.

Para terminar a xornada, o alcalde de Paderne Cesar Longo, presentou a Fernando Bandín, Presidente da Fundación Fragas do Mandeo, que disertou sobre a custodia do territorio. A custodia do territorio como alternativa para rexeneración de habitats degradados e conservación de espacio, en base o voluntariado ambiental. Dentro da custodia, a Fundación Fragas do Mandeo é a primeira que está traballar coa custodia do litoral, neste senso, estáse no proceso de asino dun convenio con Demarcación de Costas e o Ministerio. Explicou tamén os beneficios para o sector do mar, destas actividades de conservación de hábitats, e puso como exemplo ás árbores caidas en praias e zonas de marisqueo.

viernes, 7 de diciembre de 2012

XORNADA DE TRABALLO "COOPERAR,UNHA OPCIÓN CON FUTURO"

A Dirección Xeral de Relacións Laborais organiza a Xornada de Traballo "Cooperar, unha opción con futuro", que se celebrará o vindeiro 18 de decembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Nesta Xornada presentarase oficialmente a Rede Eusumo.



O seu funcionamento, aberto a participación de entidades públicas e privadas interesadas en promover o desenvolvemento económico e social, fai que este proxecto poida ter unha especial proxección, tanto a hora de servir de apoio ás iniciativas emprendedoras, como a hora de aproveitar eficazmente os recursos postos a súa disposición polas entidades colaboradoras incrementando o seu impacto e a súa rendibilidade social.
Entre os beneficiarios desta rede están as entidades colaboradoras que contan cun apoio de primeiro orde para cumprir os seus obxectivos, os axentes dinamizadores que atoparan nela as ferramentas, os estímulos e os apoios precisos para desenvolver a súa importante labor de asesoramento aos emprendedores e, por suposto, as cooperativas e demais empresas de economía social, así como os emprendedores en xeral, destinatarios últimos desta iniciativa
Tamen se abordarán temáticas de singular actualidade relacionadas coas estratexias de creación de emprego nunha contorna de crise e se prestará unha especial atención ao apoio dos procesos de comercialización e internacionalización no ámbito cooperativo.    
As persoas interesadas en participar na Xornada, con aforo limitado, cumprimenten o formulario publicado na páxina web www.cooperamais.org
Así mesmo, poden realizar a inscrición e contactar no número de teléfono 981 957 749 ou no enderezo electrónico xornada1812@eusumo.coop

sábado, 1 de diciembre de 2012

MESA DE TRABALLO: "RETOS PARA INNOVACIÓN NO SECTOR DO MAR"


O Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" está a traballar desde o ano 2008 no impulso de estratexias para a mellora do sector do mar e a área do Litoral. Por outra banda, os axentes da innovación están a investigar e deseñar solucións aos retos que afronta o sector do Mar.

Polo que o vindeiro Martes 11 de Decembro de 2012, na Aula da Casa do Mar de Sada, realizarase unha mesa de traballo sobre os Retos para na innovación do Sector do Mar. O obxectivo desta Xornada é coñecer as oportunidades que se abren o sector do mar da colaboración entre o sector do mar e as axentes adicados á investigación e a innovación.
Data: 11 de decembro de 2012
Hora: 17:00 a 20:00
Lugar: Aula da Casa do Mar de Sada, sita en Av do Porto nº21 Casa do mar  -3ª Planta.
Correo electrónico de inscrición xornadas: gac2@accioncosteira.es